Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Tui prepárase para celebrar o Entroido co Desfile-Concurso e o Enterro do Bacallau

Este xoves 9 de febreiro pecha o prazo de inscrición para os grupos e comparsas que desexen participar

Este xoves 9 de febreiro pecha o prazo de inscrición para os grupos e comparsas que desexen participar

Etiquetas del contenido

Fecha: 09 de Febrero de 2023

Fuente: Concello de Tui

Tui prepárase para celebrar as festas de Entroido con dúas citas destacadas marcadas no calendario deste mes de febreiro. Serán o martes 21, festivo local, data na que se celebrará o desfile concurso de grupos e comparsas, e o domingo 26 cando co Enterro do Bacallau despedirase o Entroido deste ano.

Mañá martes abrirá o prazo de inscrición para os grupos e comparsas que desexen participar no desfile concurso. As bases veñen publicadas hoxe no BOPPO.  A inscrición realizarase presentando o modelo de solicitude, xunto á documentación requirida, dende mañá martes, 7 de febreiro, até este xoves, 9 de febreiro, ás 14 h a través da sede electrónica do concello de Tui.

Os grupos deberán estar formados por entre 10 e 20 persoas, mentres que as comparsas deberán ter máis de 25 persoas.  A participación limítase ás 20 primeiras comparsas inscritas e aos 5 primeiros grupos que presenten a solicitude, coa salvidade de que nunca quedará fóra de concurso nin unha comparsa nin un grupo de Tui.

O desfile terá lugar o martes, 21 de febreiro, ás 17.30 h no circuíto establecido polas rúas Casal Aboy, Compostela, Betanzos, Irmáns Maristas, Ourense e A Guarda, non podendo os participantes realizar paradas durante o percorrido.

O xurado, integrado por doce persoas, para conceder os premios valorará o número de participantes por cada comparsa ou grupo; a actualidade da temática elixida; a interpretación e parodia de cuestións sociais, culturais ou políticas de Tui;  a calidade, orixinalidade e dificultade de elaboración do vestiario; a interpretación, a sátira e crítica realizada; o acompañamento musical con música interpretada en directo no desfile; a calidade, orixinalidade e dificultade da carroza, e no caso das comparsas de fantasía o seu vestiario e coreografía. A puntuación en cada categoría será de 0 a 6, excepto en acompañamento musical e realidade tudense que será de 0 a 3 puntos.

No desfile concurso de Entroido outorgaranse un total de 18 premios valorados en 5.600 euros e os correspondentes trofeos en catro categorías: Xeral, Carroza, Acompañamento Musical e Fantasía.  Así na categoría Xeral os premios oscilarán entre so 700 € do primeiro e os 100€ do sétimo, en Carroza irán entre os 400 € do primeiro e os 100€ do sexto. Mentres en Acompañamento Musical haberá catro premios de 300 €, 250 €, 200€ e 150 €, e en Fantasía haberá un único premio de 250 €.

Establécense amais fixos por participar que serán de 500 € para as comparsas con carroza e de 250 € para as que desfilen sen carroza, mentres que para grupos o fixo por participar será de 200 € para os que desfilen con carroza e de 100€  para que non teñan carroza.

Xa o domingo, 26 de febreiro, ás 19.30 h celebrarase o Enterro do Bacallau, no que deberán participar cando menos o 50% dos integrantes dos grupos e comparsas que participen no desfile. Poderán participar tamén todas aquelas persoas que o desexen de rigoroso loito. Sairá dende a praza de San Fernando, realizando un percorrido polo centro urbano,  cun alto no Cantón de Diomedes para ler as coplas, e continuar até o aparcamento municipal, na parte traseira do edificio Francisco Sánchez, onde se procederá a queima do bacallau.

As bases completas, o modelo de solicitude de participación, o mapa do percorrido e o cartel do Entroido están dispoñibles en tui.gal.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí