Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tui prepárase para vivir a tradicional Concentración Cabalar de San Bartolomeu este 24 de agosto

A rúa Loureiro converterase no epicentro da tradición ecuestre tudense cun programa de espectáculos, doma libre e premios especiais.

A rúa Loureiro converterase no epicentro da tradición ecuestre tudense cun programa de espectáculos, doma libre e premios especiais.

Etiquetas del contenido

Fecha: 23 de Agosto de 2025

Fuente: Jorge Alonso Daldea (Director Infomiño.com)

A cidade de Tui volverá vibrar este domingo, 24 de agosto, coa celebración da tradicional Concentración Cabalar de San Bartolomeu, unha das citas ecuestres máis importantes do Baixo Miño, que cada ano congrega a milleiros de persoas.

A coincidencia en domingo prevese que incremente a participación e o número de visitantes nesta festa que xunto á Concentración Cabalar de San Telmo conforma as dúas grandes citas do calendario ecuestre de Tui.

A rúa Loureiro xa ultima os preparativos para acoller desde as 8:00 horas a chegada dos primeiros participantes. O programa arrincará ás 11:00 horas co espectáculo “Reality Show Ecuestre Libre”, unha proba aberta de doma na que cada participante poderá mostrar as súas habilidades xunto ao seu cabalo, poni, burro ou mula. Para participar é necesario inscribirse con 48 horas de antelación enviando un vídeo resumo da actuación e a súa duración ao WhatsApp 639 10 93 78.

Ás 12:00 horas será a quenda do espectáculo ecuestre “Aires de Romero”, seguido da entrega dos premios especiais ás 13:00 horas, nos que se recoñecerán ás mellores presentacións en diferentes categorías: xinetes, amazonas, cabalos, ponis, burros, mulas e carruaxes.

Como peche da xornada, ás 13:30 horas terá lugar o espectáculo “Experiencia Pura Vida Ecuestre”, unha proposta que combina arte ecuestre e tradición para clausurar a concentración.

O evento destaca pola súa capacidade para reunir a afeccionados do mundo do cabalo e público xeral, reforzando o papel de Tui como epicentro cultural e festivo do Baixo Miño.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí