Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tui presenta dous modelos de marquesiñas deseñados para o centro urbano e as parroquias

Leandro Nogueira e Ángel Matilla de Nam Arquitectos explicaron as características destas marquesiñas modulares.

Leandro Nogueira e Ángel Matilla de Nam Arquitectos explicaron as características destas marquesiñas modulares.

Fecha: 02 de Abril de 2019

Fuente: Concello de Tui

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, presentou esta mañá dous novos modelos de marquesiñas para instalar nas parroquias e no centro urbano coas que dar solución ás carencias detectadas deste tipo de mobiliario urbano. Os obxectivos son dotar de uniformidade a este elemento ao tempo personalizalas co nome de cada parroquia. O estudo Nam Arquitectos foi o responsable do deseño destas dúas novas marquesiñas, que segundo o exposto polo alcalde será xa a próxima corporación quen teña que contratar a súa realización e colocación.

Leandro Nogueira e Ángel Matilla de Nam Arquitectos explicaron as características destas marquesiñas modulares. A pensada para o centro urbano terá unhas dimensións de 4x1,75 metros, ampliables até 8 metros, e cun custo entorno aos 8 mil euros. Na mesma buscaron a transparencia para minimizar o impacto no entorno. A estrutura será de aceiro inoxidable a maior parte da superficie será en vidro de seguridade coa cuberta en panel estratificado. Nun dos laterais podería ter un panel de publicidade e iluminación led a través dunha placa fotovoltaica.

A marquesiñas para o ámbito rural terán unhas dimensións de 3x1,65m e un orzamento de 3.500€ unidade. Están baseadas nun deseño e construción simple con estrutura de aceiro galvanizado revestido por panel estratificado de alta presión hidrófugo, ignífugo e antigrafiti, que precisará un mínimo mantemento. O vidro que levará será de seguridade.

Tanto as marquesiñas do centro urbano coma as das parroquias serán completamente accesibles, contemplando un oco para cadeiras de rodas, bancos e apoio isquiático.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones