Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Tui presenta unha Guía de Separación de Residuos

Inaugurará unha exposición do programa Ponte a Zero e haberá unha charla e obradoiro sobre os microplásticos

Inaugurará unha exposición do programa Ponte a Zero e haberá unha charla e obradoiro sobre os microplásticos

Etiquetas del contenido

Fecha: 22 de Febrero de 2024

Fuente: Concello de Tui

O Concello de Tui aposta por realizar cada vez unha mellor xestión dos residuos xerados a nivel doméstico, fomentando a separación e reciclaxe. Continuando con esa liña de traballo o próximo xoves, 22 de febreiro, ás 17 h terá lugar no edificio Francisco Sánchez (entrada porta 4) a presentación da Guía de Separación Residuos. Esta publicación, elaborada polo Concello de Tui, ten por obxectivo aportar, de xeito sinxelo e visual, información  sobre onde depositar os  distintos tipos de residuos. Ao longo das páxinas desta publicación resólvense tamén as dúbidas que poden xurdir sobre o lugar correcto para depositar determinados residuos. Os envases de vidro, os lixeiros, papel e cartón, aceite de cociña usado, contedor verde, residuos vexetais, punto limpo e roupa son os apartados nos que se estrutura a guía indicando de forma visual que se debe depositar e que non en cada un dos contedores de recollida selectiva para lograr desta forma unha axeitada xestión do lixo.

 

Na presentación participarán o alcalde, Enrique Cabaleiro, os concelleiros de Medio Ambiente, Ismael Diz, de  Xestión de Residuos, Rafael Estévez, a mestra composteira e técnica de xestión de residuos, Sara Luque, xunto a persoal técnico do CEIDA.

 

A continuación no Anexo da Sala Municipal inaugurarase a exposición itinerante  de Ponte a Zero, o Programa de Educación, Formación e Divulgación Ambiental sobre redución e xestión dos residuos na provincia de Pontevedra, promovido pola Deputación de Pontevedra e o CEIDA. A exposición está formada por dez paneis sobre os residuos e a súa xestión abordando dende o grave problema do lixo e a composición do lixo urbano, os tres R’s, a compostaxe, o papel, o vidro, plásticos e metais, residuos especiais e os puntos limpos.

 

Ás 18 h terá lugar unha charla sobre “Os microplásticos”  na que se abordará a problemática dos microplásticos, tanto fibras coma esferas, procedentes da fragmentación de plásticos convencionais e a súa chegada aos ecosistemas e á cadea alimentaria. A continuación celebrarase un obradoiro no que se realizará unha análise visual dunha mostra de terra ou area avaliando a posible presenza de microplásticos, a súa orixe e tipoloxía. Para esta actividade é recomendable inscrición previa no correo compostaxe@tui.gal ou no teléfono 687 24 99 53.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí