Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tui presentou esta mañá o proxecto de reforma da praza de Frómista no marco da ARI

Busca crear un espazo de socialización dando prioridade aos peóns

Busca crear un espazo de socialización dando prioridade aos peóns

Fecha: 04 de Abril de 2019

Fuente: Concello de Tui

Na mañá de hoxe presentouse no Concello de Tui o proxecto de reforma da Praza de Frómista, dentro do Plan Estatal 2013-2016 da ARI, Área de Rehabilitación Integral. A presentación correu a cargo do alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Patrimonio e Cultura, Eduardo Freiría, e os arquitectos da empresa encargada do proxecto, Dobledé Arquitectos, Antonio de Ozámiz e Jose Manuel de Marcos.

O obxectivo desta reforma é "crear un espazo de socialización que recupere a tradición de reunirse cos veciños nunha praza", segundo os arquitectos, dado que as condicións de habitabilidade do casco vello deben adaptarse as novas formas de vida, polo que dan prioridade aos peóns. Destacaba o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, que esta praza se reformara nos anos 70 para adaptarse daquela ao aparcamento de vehículos, unha medida que coa peonalización do conxunto monumental xa non ten sentido polo que "é interesante adaptala ao uso peonil e dinamizar a zona"

A reforma parte da limitación do tránsito de vehículos creando un paso peonil que coincidirá en ancho coas desembocaduras da rúa Cuenca e San Telmo. Crearase ademáis un espazo inferior de transición que cruza e leva ao centro da praza e un novo espazo superior de socialización.

A obra pretende ademáis crear un ambiente de natureza deixando ao descuberto a rocha tapada anteriormente polo muro e unha zona axardinada con árbores e prantas como elemento de integración dos espazos. O mobiliario será sinxelo, con bancos e unha pérgola creada por vides que permitirán ter unha zona de sombra. O alumeado tratará de remarcar a zona da rocha descuberta e os pasos peonís.

O investimento total previsto para esta actuación é de 67.000 €, dos que o Concello de Tui aportará o 81.6% e o Plan Estatal o 18.4%. O alcalde avanzou que levará ao pleno ordinario deste mes a dotación de crédito precisa para esta obra.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones