Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tui realizará a mellora e acondicionamento do acceso á praia fluvial Areeiros con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra

As achegas, ao abeiro do Plan Concellos, financiarán actuacións de mellora do espazo público en Campo Lameiro, Dozón, Gondomar, Lalín, Nigrán, Tui e Pazos de Borbén

As achegas, ao abeiro do Plan Concellos, financiarán actuacións de mellora do espazo público en Campo Lameiro, Dozón, Gondomar, Lalín, Nigrán, Tui e Pazos de Borbén

Etiquetas del contenido

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar novos recursos por un importe total de 1.225.347 euros, ao abeiro do Plan Concellos, para Campo Lameiro, Dozón, Gondomar, Lalín, Nigrán, Tui e Pazos de Borbén.

 

En concreto, a Deputación aproba para Campo Lameiro dúas achegadas valoradas en preto de 250.000 euros. Trátase de 154.767 euros para a adecuación da rede de saneamento en Rozas, Carballeira, Castriño e Liñares; e outros 91.359 para actuacións de mellora do firme nos camiños Laxe, A Facha, Rans, Lombo, Fondo, e Quinteiro 1 e 2. No caso de Dozón, recibirá unha achega de 77.423 euros para a execución de firme de aglomerado no camiño dende a estrada PO-533 ao río de Pidre, nun tramo de preto de 1,5 quilómetros e que conforma unha vía principal da parroquia de San Xoán de Sisto. Pola súa banda, Gondomar contará cun investimento de 114.997 euros para a mellora e urbanización da rúa Manuel Alonso, o proxecto contempla a peatonalización do tramo inferior desta rúa, mellorando a súa accesibilidade e funcionalidade. Amais, tamén se proxecta o soterramento das instalacións urbanas existentes, a substitución das canalizacións de saneamento e a incorporación dunha instalación de rego. Así mesmo, dotarase este espazo co mobiliario urbano necesario como iluminación, xardineiras, bancos ou papeleiras.

 

En canto a Lalín,  a Deputación destina 379.989 euros para a urbanización da parcela exterior do Centro Integral de Saúde (CIS). O proxecto comprende dende a rotonda onde se produce a intersección da Avenida de Ourense e a rúa Penela ata os límites da parcela na que se sitúa o CIS. Deste xeito, neste tramo reordenarase a circulación destinada a vehículos e peóns e peoas, substituiranse e executaranse novos pavimentos, introducirase vexetación e executaranse os servizos necesarios. A proposta promove un tráfico peonil proporcionando pasos e accesos seguros. Para Tui, o goberno provincial destina 191.436 euros para a mellora e acondicionamento do acceso á praia fluvial Areeiros. En concreto, mellorarase a pavimentación, a seguridade viaria, prepararase a superficie próxima á praia para xerar aparcamento e instalarase unha rede subterránea de baixa tensión e alumeado público.

 

No caso de Nigrán, a Deputación tamén aproba 142.153 euros, por reinvestimento de baixas, para a merca do equipamento dun camión 4x4. E, por último, Pazos de Borbén contará con 73.220 euros, tamén por reinvestimento de baixas, para a renovación da iluminación pública en Pazos, Pousiño, Torrente e Alén. Deste xeito, actuarase sobre 5 cadros de mando, 188 puntos de luz, redes eléctricas asociadas e postas a terra. O proxecto terá impacto no aforro enerxético e económico e tamén nas melloras medioambientais.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones