Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tui recibe 40.000 ? do plan concellos para financiar a creación dunha Área Recreativa na ribeira de Caldelas

O grao de adxudicación do Plan Concellos en Tui sitúase no 82%, o que supón un investimento na vila de 778.999,57 ?

O grao de adxudicación do Plan Concellos en Tui sitúase no 82%, o que supón un investimento na vila de 778.999,57 ?

Fecha: 18 de Agosto de 2016

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra, a través dunha resolución presidencial, vén de aprobar un novo investimento no concello de Tui ao abeiro do Plan Concellos 2016. Trátase dunha achega, enmarcada dentro da liña 1, investimentos, de 39.984,95 €, pola que a institución provincial financiará a creación dunha área recreativa na Ribeira de Caldelas, no lugar de Baños.

Esta actuación súmase ás xa aprobadas anteriormente polo Plan Concellos, que destinou 489.497,46 € na liña 1 para o acondicionamento e ampliación da edificación do futuro comedor escolar do CEIP Plurilingüe e Abalar Nº 2, a reparación, realización de melloras e a conservación das instalacións deportivas municipais "Alcalde Álvarez Durán", a realización de diversas obras de mantemento e conservación do centro municipal de remo, a adquisición dun vehículo que se empregará en servizos municipais do concello, o subministro de mobiliario urbano, a restauración do palco da música no Cantón de Diomedes, a realización de obras no interior do pavillón da Macoca e a demolición do edificio da Avenida de Concordia, así como 35.712,16 € na liña 3 para a celebración de diversas actividades (a cabalgata de Reis e o Entroido), o financiamento dos programas de servizos municipais (a Escola de Música e o Conservatorio de Música) e o Campamento de Verán 2016 e 213.805 €, finalmente, na liña 4 -emprego- para a contratación de 22 traballadoras e traballadores que están a traballar nos servizos municipais da vila.

No que levamos de 2016, o grao de adxudicación do Plan Concellos 2016 destinado a Tui sitúase no 81,8% do total, o que supón que neste momento o investimento na vila por parte da Deputación de Pontevedra acada a cifra de 778.999,57 €.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones