Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tui recibe unha nova achega de preto de 20.000 euros ao abeiro do Plan concellos 2017

Cun investimento de preto de 975.000 ?, o goberno provincial de Carmela Silva xa leva entregado a Tui o 97% do importe total do Plan Concellos

Cun investimento de preto de 975.000 ?, o goberno provincial de Carmela Silva xa leva entregado a Tui o 97% do importe total do Plan Concellos

Fecha: 18 de Agosto de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar a través dunha resolución provincial unha nova axuda para o concello de Tui ao abeiro da liña 1 de investimentos do "Plan Concellos 2017". Deste xeito, a institución provincial achega un total de 18.817,31 euros para subministrar dun novo equipamento ao área de cultura do seu concello.

Ademais, anteriormente a Deputación de Pontevedra xa destinara a Tui 710.236,66 € en liña 1 para a actuacións coma a reforma dos vestiarios do complexo deportivo de Álvarez Durán, a ordenación dunha rotonda mailo seu entorno, a reforma das instalacións do conservatorio de música, subministracións varias (un equipo de medición mailo software, un mupi dixital para información turística, un sonómetro e máis material e software informático), a regulación do tráfico da intersección entre a rúa Calzada e a Avenida da Concordia, a adquisición dunha motocicleta para a Policía Local, o acondicionamento dos xardíns de Troncoso, a mellora da pavimentación que une os núcleos das Chans con Circos, a mellora da pavimentación de viarios en Bouzabalada, en Filgueira, entre Parceira e Baldráns e entre Cruxeiras e Rebordáns, a realización da ordenación exterior da escola infantil da vila, a instalación dunha caldeira de pellets e de emisores térmicos no edificio da UNED. A maiores, 20.351,86 € en liña 2 para diversas actividades como os campamentos de verán, o Entroido ou a Cabalgata de Reis e, finalmente, outros 225.165,30 € para a contratación de 23 persoas que desempeñarán as súas funcións nos diversos servizos municipais da vila, a través da liña 3 de emprego do Plan.

Coa suma desta nova achega, a porcentaxe de adxudicación do "Plan Concellos 2017" da Deputación de Pontevedra en Tui sitúase neste momento no 97,11%. Isto supón que o concello xa dispón de 974.571,13 € dun total de máis dun millón de euros.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones