Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tui recibirá 138.479,65 ? do Plan Concellos para melloras nas instalacións deportivas Álvarez Durán e no Conservatorio de música

As achegas, enmarcadas na liña 1 do Plan Concellos 2017, están destinadas a reformas de rúas municipais e espazos públicos para fins deportivos e culturais nos concellos de Cangas, Tui e Ponteareas

68.590,05 ? para mellorar as instalacións do conservatorio de música do concello

Fecha: 03 de Junio de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a concesión de axudas por valor de case 420.000 € para que tres concellos da provincia poidan acometer catro novos investimentos nos seus termos municipais. En concreto, benefícianse das achegas Cangas, Tui e Ponteareas que levarán a cabo reformas de rúas así como proxectos en espazos públicos destinados a reunións, ao deporte e á cultura.

Carmela Silva subliñou que "coas axudas aprobadas esta mañá, que ascenden a 420.000 €, levamos xa distribuídos case 14 millóns de euros, é dicir, o 53,25% da liña 1 que, como saben, este ano ten un orzamento de 25.750.000 €". A Presidenta da Deputación de Pontevedra manifestou a importancia destas achegas "sen as que os concellos da nosa provincia dificilmente poderían facer fronte ás súas competencias, impulsar novos investimentos ou novos proxectos en beneficio das súas veciñas e veciños".

O concello de Cangas recibirá 220.789,31 € para impulsar unha nova capa de rodamento en varias rúas e viarios municipais. Máis polo miúdo, con estas achegas o concello poderá mellorar as rúas Barreiras, Lagar, Nova, Gruncheiras, Carballal, Reboredo, Salgueira e Faroleira. Ata o momento, Cangas ten aprobado xa o 80,52% do orzamento que a Deputación de Pontevedra lle destina no marco do Plan Concellos 2017.

No caso de Tui, o Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou destinar 138.479,65 € dos cales, segundo informou Carmela Silva, 69.889,60 € serán para a reforma dos vestiarios nas instalacións deportivas Álvarez Durán e 68.590,05 € para mellorar as instalacións do conservatorio de música do concello. Con estas achegas, Tui ten o 73,72% do Plan Concellos 2017 aprobado.

Pola súa banda, Ponteareas recibirá 60.658,43 € para a redacción da memoria descritiva e valorada para adaptar espazos no auditorio para configurar locais de reunión. Esta achega, sumada ás xa aprobadas ata o momento no concello, significan o 46,47% do orzamento que lle corresponde a Ponteareas do Plan Concellos 2017.

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, aproveitou para recordar que "este ano o Plan Concellos ten unha dotación de 41,2 millóns de euros, unha partida un 3% maior que a aprobada no 2016 e que, entre as súas tres liñas estratéxicas, leva aprobados xa máis de 32,5 millóns de euros dende xaneiro, é dicir, o 78,88% do plan".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones