Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Tui recibirá 3,17 millóns de euros para renovar toda a iluminación pública con tecnoloxía LED

O Concello de Tui é o máis beneficiado na nova convocatoria do Ministerio para a Transición Ecolóxica, cun investimento de 3,17 millóns de euros que permitirá substituír o alumeado actual por sistemas LED máis eficientes e sostibles.

O Concello de Tui é o máis beneficiado na nova convocatoria do Ministerio para a Transición Ecolóxica, cun investimento de 3,17 millóns de euros que permitirá substituír o alumeado actual por sistemas LED máis eficientes e sostibles.

Etiquetas del contenido

Fecha: 28 de Agosto de 2025

Fuente: Jorge Alonso Daldea (Director Infomiño.com)

O Concello de Tui recibirá 3,17 millóns de euros para acometer unha renovación integral da súa iluminación pública, no marco da segunda convocatoria de axudas do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, a través do Instituto para a Diversificación e Aforro de Enerxía (IDAE).

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, avanzou que Tui é o municipio que recibirá a maior achega económica en toda Galicia, nun programa que tamén beneficiará a San Sadurniño, Arteixo, Rianxo, Noia e Barreiros.

Renovación sostible e aforro enerxético

O proxecto permitirá a instalación de tecnoloxía LED en toda a rede de iluminación pública e ornamental, con sistemas de telexestión intelixente que recollerán datos en tempo real sobre consumos, programación e funcionamento, facilitando a adaptación aos hábitos da cidadanía.

A actuación suporá aforros enerxéticos superiores ao 70%, reducirá a contaminación lumínica e permitirá unha importante rebaixa da factura eléctrica municipal, un dos gastos máis elevados nos orzamentos locais.

Axuda do 100% e condicións vantaxosas

As axudas están financiadas polo Fondo Nacional de Eficiencia Enerxética (FNEE) e cobren o 100% dos proxectos, mediante préstamos reembolsables a dez anos, cun ano de carencia, sen xuros nin esixencia de garantías.

Pedro Blanco destacou que esta liña de apoio “é unha oportunidade clave para os concellos, especialmente para os medianos e pequenos, xa que estes proxectos supoñen unha gran carga económica, pero resultan decisivos para avanzar na transición enerxética local e mellorar os servizos públicos”.

Tui, referente en eficiencia

Nos dous últimos anos, o Goberno central destinou 18 millóns de euros á mellora do alumeado público en 15 concellos galegos, e agora Tui convértese no municipio con maior investimento nesta segunda convocatoria, reforzando o seu papel como referente en eficiencia enerxética no Baixo Miño.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí