Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tui recibirá 586 mil euros para executar a segunda fase de actuacións no conxunto catedralicio de Tui

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana aporta o 75% do orzamento total das actuacións dirixidas a adaptar o conxunto para usos museísticos.

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana aporta o 75% do orzamento total das actuacións dirixidas a adaptar o conxunto para usos museísticos.

Etiquetas del contenido

Fecha: 16 de Diciembre de 2020

Fuente: SubDelegación do Goberno en Po

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana financiará a segunda fase de actuacións no conxunto catedralicio de Tui para a súa adaptación a usos museísticos achegando 586.530,74 €, unha cifra que representa o 75 % do custo total das actuacións.


A Comisión Mixta do 1,5% Cultural, presidida polo secretario de Estado de Infraestruturas, Transporte e Vivenda, Pedro Saura, e composta por representantes de Mitma e do Ministerio de Cultura e Deporte, elevou hoxe unha proposta ao ministro de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para o financiamento de 5 novas actuacións -entre as que se atopa a obra tudense-, como consecuencia da Convocatoria publicada en xaneiro de 2020,.


A resolución provisional permitirá continuar co procedemento até a adopción da resolución definitiva, condicionada á aprobación dos proxectos e ás achegas financeiras comprometidas. A partir desta resolución provisional os participantes dispoñen de 10 días para aceptar a axuda e de 90 para presentar toda a documentación. Cabe destacar que en tanto non se notifique a resolución de concesión definitiva ao futuro beneficiario, non se creou ningún dereito a favor do mesmo.


Programa del 1,5% cultural
O programa do 1,5% Cultural é a principal ferramenta da Administración Xeral do Estado para responder ao mandato constitucional polo que os Poderes Públicos deben garantir a conservación e promover o enriquecemento do patrimonio histórico, cultural e artístico dos pobos de España e dos bens que o integran.

Para ese fin a Lei de Patrimonio Histórico estableceu a porcentaxe mínima do 1% a aplicar sobre o orzamento das obras públicas que se executan pola Administración do Estado. Máis aló desa obrigación, o Mitma (antes Ministerio de Fomento) ampliou en 2014 a súa achega a este obxecto do 1% ao 1,5% do orzamento das obras que licita.


O desenvolvemento do Programa 1,5% Cultural propón un modelo de actuación de amplo contido social, en base aos seguintes criterios:


- Soporte económico fundamental provén da execución da obra pública.
- Recupérase o Patrimonio Cultural Español, respectando o legado recibido e propiciando o sentimento de pertenza e o orgullo polo propio.
- Foméntase o uso público favorecendo o achegamento social ao Patrimonio.
- Xérase emprego e riqueza nos ámbitos en que se sitúan os elementos patrimoniais recuperados.
- Contribúese ao obxectivo xeral de xerar turismo de calidade.
Esta convocatoria de axudas para a conservación e o enriquecemento do Patrimonio Histórico Español é a cuarta publicada por este procedemento de concorrencia competitiva, que prima os principios de transparencia, publicidade e concorrencia.
A inversión total prevista para Galicia acada os 4,97 millóns de euros
O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana achegará 3.072.041,39 euros a proxectos de recuperación e posta en valor do patrimonio histórico español en Galicia con cargo aos fondos que se xeran para o 1,5% Cultural como consecuencia da contratación da obra pública.
O investimento total previsto en Galicia, polas entidades e administracións participantes, incluíndo as achegas do Estado, é de 4.970.679,56 euros.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones