Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

TUI RECIBIRÁ DA DEPUTACIÓN PRETO DUN MILLÓN DE EUROS PARA INVESTIR EN PROXECTOS Ó ABEIRO DO PLAN CONCELLOS

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, indicou que vén mantendo reunións cos partidos da oposición para consensuar en que proxectos se investirán ditas partidas

A de hoxe foi a primeira visita oficial da presidenta da Deputación ó Concello de Tui, na que subliñou que o ente provincial vaille dar autonomía ós municipios para que xestionen os fondos do plan local

Fecha: 20 de Noviembre de 2015

Fuente: Concello de Tui

Os catro partidos do equipo de goberno do Concello de Tui, xunto con Ciudadanos Tudenses e Alternativa Popular de Tui, recibiron esta mañá á presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, no Salón de Plenos do Concello.

No encontro mantido coa corporación municipal e medios de comunicación, a presidenta do ente provincial adiantou que Tui recibirá o vindeiro ano unha partida de máis de 952.000 euros ó abeiro do Plan Concellos da Deputación, e contarán con capacidade de xestionalos directamente. Estes presupostos estarán dirixidos para catro liñas de proxectos (investimento; amortización e pagamento de débeda; actividades municipais de clubs deportivos ou asociacións e fomento do emprego para a conservación de bens e servizos).

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, declarou que para o Concello de Tui "hai unha serie de prioridades nas que destinar esta partida orzamentaria, como son a mellora de viarios e estradas e o arranxo de escolas e instalacións deportivas, ademais de potenciar o patrimonio histórico e natural". Neste senso, Enrique Cabaleiro apuntou que no deseño do Plan directorio de prioridades para Tui, se está a reunir cos partidos da oposición para que fagan as súas aportacións, xa que este tipo de decisións "deben ser tomadas pola corporación municipal ó completo, e non só polo equipo de goberno, nun exercicio de pluralidade democrática".

Carmela Silva, na súa primeira visita como presidenta da Deputación ó Concello de Tui, salientou que o ente provincial vaille dar autonomía ós municipios para que xestionen os fondos do plan local, que se repartirán de forma equitativa e non arbitraria entre todos os concellos, ó contrario de como se viña facendo ata o momento. Defendeu que son os alcaldes "os que están as 24 horas do día, e os 365 días do ano cos seus veciños, e polo tanto, son os que mellor coñecen as súas necesidades".

Deseguida, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, afirmou que desaparecerán as subvencións nominativas de libre decisión do presidente, e que en cada axuda outorgada vai haber "criterios e bases claras". Para o próximo exercicio, Carmela Silva adiantou que a Deputación "vaise centrar en impulsar as potencialidades turísticas da provincia como forma de crear emprego; apoiará ás escolas de deporte base e ós sectores produtivos, que permiten desenvolver o noso entramado económico e melloraranse as infraestruturas para que estean en condicións óptimas".

Finalmente, Carmela Silva, asinou no libro de ouro do Concello de Tui co gallo da súa primeira visita oficial ó municipio. Así mesmo, recibiu da man do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, unha placa como agasallo.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones