Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tui recibirá este ano 1.003.000 euros do Plan Concellos 2017 da Deputación

O acondicionamento dos xardíns de Troncoso, a ordenación da rotonda de Guillarei ou a adquisión do Teatro Principal son parte dos proxectos

O acondicionamento dos xardíns de Troncoso, a ordenación da rotonda de Guillarei ou a adquisión do Teatro Principal son parte dos proxectos

Fecha: 09 de Mayo de 2017

Fuente: Concello de Tui

O Concello de Tui recibirá este ano 1.003.489,37€ do Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra, o que supón un 5,37% máis que en 2016, cando xa se incrementara a contía nun 28% con respecto a 2015. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, xunto ao equipo de goberno tudense e a deputada Montserrat Magallanes, presentaron hoxe estes investimentos no salón de sesións da casa do concello de Tui. Posteriormente visitaron as obras acometidas nas instalacións deportivas Álvarez Durán e no Centro Municipal de Remo con cargo ao Plan Concellos 2016.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, explicou que dende o goberno municipal apostaron polo investimento dos fondos provinciais do Plan Concellos 2017 prioritariamente na mellora de espazos e infraestruturas públicas, en ensino, cultura, deporte... E máis aló deste plan provincial anunciou tamén a próxima sinatura dun convenio coa entidade provincia para o investimento de 500 mil euros na humanización da estrada de Caldelas.

Pola súa parte a presidenta da Deputación, Carmela Silva, explícitou hoxe o compromiso da administración provincial con Tui, porque dicía é un dos centros relevantes de provincia e e o centro neurálxico do Camiño Portugués. Ao tempo salientaba a aposta do seu goberno por facer que "o sur de Galicia e o Norte de Portugal poidan ter as infraestruturas que poidan converter a este territorio nun centro de desenvolvemento".

O concello de Tui ao abeiro do Plan Concello 2017 solicitou 85.444,40€ para levar a cabo o acondicionamento dos xardíns de Troncoso, e 67.412,37€ para a ordenación da rotonda de Guillarei e o seu entorno co obxectivo de embelecer esta entrada ao casco urbano cun proxecto paisaxístico. Tamén se solicitaron 20.902,99 para a regulación con semáforos do cruzamento entre a rúa Calzada e a Avenida da Concordia.
Outro dos proxectos presentados á institución provincial é a adquisición do Teatro Principal, de cara a súa posterior rehabilitación, cun investimento de 30 mil euros, e unha intervención nas cubertas exteriores do cárcere vello e na ponte do Mosteiro en Pexegueiro cun orzamento de 28.296,74€ e de 3.458,69€ respectivamente.

O goberno municipal plantexa a reforma dos vestiarios nas instalacións deportivas Álvarez Durán cun orzamento de 69.889,60€, a ordenación do patio da Escola Infantil Galiña cun investimento de 67.412,37€, a reforma das instalacións do Conservatorio Profesional de Música, cun orzamento de 68.590,05 e a instalación dunha caldeira de pellets e emisores térmicos no antigo convento de Santo Domingo, onde ten a súa sede a aula da UNED, cun orzamento de 49.866,77€.

Outras actuacións previstas, grazas ao Plan Concellos 2017, son a instalación dun MUPI Dixital na praza da Inmaculada onde ofrecer información turística, cultural, deportiva... cun orzamento de 12.378,12€. Entre os proxectos presentados tamén ao Plan Concellos 2017 está a mellora da pavimentación de viais en Bouzabala, Figueira, Parceira en Baldráns, Curuxeiras en Rebordáns, Chans en Randufe e Circos en Pazos de Reis por un importe total de 144.825,82 €. Tamén se solicitou a achega de 51.524,73€ para a creación dun módulo de 48 nichos no cemiterio municipal en Guillarei. E por outra parte contémplase a adquisición dunha motocicleta para a Policía Local, dun sonómetro, dun equipo de medición, e de material e software informático cun investimento total de 86.947,78 €

Cómpre lembrar tamén a achega de 225 mil euros destínanse a contratación de 23 traballadores para diversos servizos dentro da liña 3 deste plan.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones