Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

TUI REFORZA LAZOS CON FROMISTA E VERSMOLD, DÚAS LOCALIDADES COAS QUE ESTÁ IRMANDADA

Deste xeito o Concello de Tui aposta por estreitar os lazos de amizade con estes dous municipios, tanto entre as distintas corporación coma entre a propia poboación.

Deste xeito o Concello de Tui aposta por estreitar os lazos de amizade con estes dous municipios, tanto entre as distintas corporación coma entre a propia poboación.

Fecha: 18 de Abril de 2015

Fuente: www.concellotui.org

Fromista en Palencia e Versmold en Alemaña son dúas localidades coa que está irmandado o Concello de Tui. Precisamente estes días estréitanse os lazos de amizade coincidindo coa celebración de San Telmo, patrón de Tui e tamén de Fromista.

Por unha banda esta fin de semana, mañá sábado e o domingo, o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, encabezará a delegación tudense que se desprazará ata Fromista en Palencia, para participar nas Festas de San Telmo na localidade natal do Santo. Tamén acudirán outros concelleiros da corporación municipal así coma a Banda de Gaitas de Guillarei e o grupo folclórico Lembranzas da Terra.

Esta visita coincide co 30 aniversario da irmandade entre Tui e Fromista, no concello palentino celebrándose mañá sábado ás 18h un acto de reforzamento dos lazos de irmandade. Precisamente en Fromista veñen de remodelar a Praza de Tui.

Por outra parte a pasada fin de semana, cando en Tui se celebraron os actos centrais da festividade do seu patrón, achegouse ata Tui unha delegación de Versmold, en Alemaña, encabezada polo seu vicealcalde, Horst Hardiek, e membros da Asociación Versmold-Tui, que participaron nos principais actos das festas. Así o sábado a última hora da tarde foron recibidos na Casa do Concello por membros da corporación municipal, e aproveitaron durante a súa estadía para coñecer os principais puntos de interese tanto de Tui coma da veciña Valença. Amais a delegación alemá participou tamén o luns na solemne procesión de San Telmo, tomando parte na ofrenda floral ao santo realizado ao remate do acto relixioso.

Deste xeito o Concello de Tui aposta por estreitar os lazos de amizade con estes dous municipios, tanto entre as distintas corporación coma entre a propia poboación.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones