Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tui rende homenaxe a Danny Sheehy falecido hai un ano cando navegaba cara a cidade polo Miño

O alcalde destacou ao poeta coma símbolo do camiño e da unión entre os pobos galego e irlandés

O alcalde destacou ao poeta coma símbolo do camiño e da unión entre os pobos galego e irlandés

Fecha: 11 de Junio de 2018

Fuente: Concello de Tui

"A cidade de Tui ao poeta irlandés Danny Sheehy", escrito en galego, irlandés, castelán e inglés, é a mensaxe que reza na placa de bronce situada na fachada do edificio do club Náutico San Telmo que foi descuberta esta tarde nun acto de homenaxe ao poeta falecido en xuño do ano pasado cando realizaba o Camiño de Santiago en barco de remo, e se dirixía cara Tui cando sufriu un accidente na desembocadura do Miño.

O acto de homenaxe, organizado polo Concello de Tui, contou coa presenza da súa viuva Mary e dos seus fillos Cormac e Órla, xunto a un bo número de amigos do poeta chegados dende Irlanda, así coma do cónsul honorario de Irlanda en Ferrol, Tomás Antón Díaz del Río, o concelleiro de Cultura, Eduardo Freiría, e o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín.

No comezo do acto o concelleiro de Cultura, Eduardo Freiría, agradeceu a presenza da familia de Danny Sheehy en Tui, lugar ao que se dirixía na súa "singladura truncada" ao tempo que lembrou coma nas singladuras atlánticas e o Camiño de Santiago atraen dende hai séculos a persoas das illas británicas cara a nosa terra.

Corman Sheehy agradeceu a celebración deste acto en memoria do seu pai, indicando que un acontecemento coma o que tivo ten tamén cousas fermosas coma este homenaxe. O consul honorario de Irlanda en Ferrol, Tomás Antón Díaz del Río sinalou coma desafortunadamente o poeta "atopou a súa viaxe final aquí" ao tempo que lembrou as similitudes entre Galicia e Irlanda.

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, tivo palabras de lembranza para os veciños de Paramos despois da "enorme traxedia vivida". Ao tempo que agradeceu a presenza da familia da Danny Sheehy, dos seus amigos e de Rodrigo Arbones, que ten sido o canalizador resultar fundamental do interese en establecer lazos entre Tui e Irlanda. Explicou que dende o "Concello de Tui cremos que debiamos lembrar a Dany porque no momento do seu pasamento se dirixía a nosa cidade dentro da súa ruta xacobea", e engadía que "ese non é o único motivo, xa que a súa figura é xa un símbolo do camiño, da súa significación da unión dos pobos, neste caso particular de dous pobos, o galego e o irlandés". Afirmaba o rexedor que "hai moitas cousas que nos unen aos galegos e aos irlandeses, as similitudes das nosas músicas tradicionais, a nosa cristiá e católica tradición, a paixón pola navegación, pola náutica e temos tamén un vínculo lendario a través da dinastía do rei Breogán". E concluí amosando o seu convencemento de que "este é un primeiro paso para que dende Tui poidamos contribuír a esta aproximación entre Galicia e Irlanda que tan proveitosa pode ser para todos. Este é o comezo dunha verdadeira e forte amizade".

Sete membros da banda de gaitas Lembranzas da Terra de Guillarei ofreceron unha peza celta e outra galega. E tras o descubrimento da placa amigos de Danny Sheehy interpretaron unha canción irlandesa, e un amigo recitou un dos poemas do escritor falecido.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones