Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tui renova a súa presenza dixital cunha web dinámica e accesible dende distintos dispositivos

Dous eixos estruturan o novo portal un dedicado ao concello e outro ao turismo

Dous eixos estruturan o novo portal un dedicado ao concello e outro ao turismo

Fecha: 17 de Octubre de 2017

Fuente: Concello de Tui

O Concello de Tui contará nos próximos días cunha nova web municipal que brindará información máis completa e facilitará os tramites aos cidadáns. O novo portal, realizado baixo a tecnoloxía do xestor de contidos Drupal e totalmente accesible dende plataformas móbiles, marcará un punto de inflexión na presenza do Concello de Tui en internet brindando un acceso máis rápido e áxil. Está estruturada en dúas partes diferenciadas unha delas dirixida a información municipal e a outra sobre a información turística. No seu deseño apostouse polas cores azul e dourado do escudo e a bandeira municipais.

Amais da información sobre o alcalde, a corporación municipal e outros órganos de goberno, recolle tamén un apartado para os distintos departamentos dende onde amais dun texto introdutorio se achegan as novas de actualidade, información de área, e sobre as instalacións. Tamén varios servizos municipais contan cunha páxina propia accesible directamente ou a través da área á que pertencen. Búscase amais unha maior interacción co cidadá tanto a través do apartado de "Incidencias" coma no "Buzón de Suxestións".

Baixo o epígrafe de "Vive" recóllese a información do municipio en canto a situación, poboación, escudo e bandeira, historia, asociacións, clubs, festas... e no mesmo apartado achégase o directorio, transporte, citas previas...

A parte dedicada ao turismo estará accesible proximamente en tres idiomas: galego, castelán e inglés. Na mesma a información da portada estrutúrase entorno aos principais reclamos turísticos da cidade o Conxunto Histórico, o Parque Natural do Monte Aloia, o Camiño de Santiago, o río Miño, a Eurocidade Tui-Valença, a ruta Xudía, e a comarca do Baixo Miño.

A web completarase no prazo aproximado dun mes cunha aplicación móbil, APP, dende a que se poderá consultar a información do concello, de turismo, a axenda, enviar incidencias, ou recibir avisos.

A presentación esta mañá na aula CeMIT correu a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e do concelleiro de Novas Tecnoloxías, Laureano Alonso.

Laureano Alonso quixo destacar que é responsabilidade do goberno presentar agora o resultado de meses de traballo neste proxecto, resaltado o feito de que permitirá unha comunicación máis áxil co cidadá ao través do apartado de incidencias e do buzón de suxestións.

Enrique Cabaleiro asegurou que se trata dun traballo necesario pensado para ser o escaparate da cidade. Amais reiterou a súa responsabilidade á hora de presentala e deixar xa en mans do novo goberno a súa posta en marcha efectiva.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones