Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tui repón e instala novos sinais para mellorar a seguridade vial no municipio

Realizadas en aluminio, contan cun deseño máis moderno e informativo

Realizadas en aluminio, contan cun deseño máis moderno e informativo

Fecha: 11 de Febrero de 2017

Fuente: Concello de Tui

O Concello de Tui está a realizar estes días a reposición e colocación de novos sinais de tráfico tanto no casco urbano coma nos viais parroquias co obxectivo de mellorar a seguridade vial, e o tempo dar resposta a unha vella demanda dos veciños.

Para a colocación de novos sinais e a reposición doutros deteriorados tívose en conta tanto os informes elaborados pola Policía Local coma as peticións realizadas pola veciñanza. A adquisición de 240 sinais indicativas, informativas e espellos fíxose con cargo aos orzamentos de 2016.

Nos novos elementos prestouse especial atención á calidade dos materiais optando polo aluminio tanto para os soportes coma para os propios sinais, tendo en conta a súa durabilidade e o feito de que permiten un deseño máis moderno e nalgúns deles proporcionan maior información o que se traduce en maior seguridade xurídica. Amais todos os sinais incorporan na parte traseira o escudo do Concello de Tui.
 






Entre as actuacións realizadas está a substitución da ducia de sinais indicativas da zona azul adaptándoas á ordenanza aprobada en 2008. Por outra parte vanse colocar os sinais verticais indicativos dos pasos de peóns das rúas Compostela, Betanzos, Lugo e Ourense, que até o de agora carecían destes elementos, brindando así maior seguridade vial tanto a peóns coma a condutores.

Amais no tramo de titularidade municipal da N-550, comprendido entre a rotonda de Guillarei e o límite co termo municipal de Salceda, colocarase a sinalización vertical dos pasos de peóns, e reporanse os sinais de ceda o paso, stops...que están deteriorados.

Neste traballo que se está acometendo contémplase tamén a instalación de novas balizas flexibles en determinadas zonas para reforzar a prohibición de estacionar, sobre todo nos cruzamentos de distintas rúas. Deste xeito facilitarase a incorporación dos vehículos á circulación. Co mesmo obxectivo estanse a repor os espellos rotos, e se colocarán outros novos nas zonas onde se consideran necesarios atendendo aos informes realizados pola Policía Local.

O concelleiro de Tráfico, José Ramón Magán, está a coordinar a reposición e colocación dos novos sinais coa colaboración da propia Policía Local e do persoal do departamento de obras.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones