Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tui vive unha intensa última fin de semana de verán con actividades de motor, gastronomía e música en directo

Celebrase a I Festa da Cervexa, a III Xuntanza Moteira e o concerto de Víctor Coyote e Ricardo Moreno

Celebrase a I Festa da Cervexa, a III Xuntanza Moteira e o concerto de Víctor Coyote e Ricardo Moreno

Fecha: 17 de Septiembre de 2016

Fuente: Concello de Tui

Tres citas de ocio encherán esta fin de semana a cidade de Tui con diferentes actividades de motor, gastronomía e música nas que colabora o Concello de Tui.

A primeira delas comeza xa na tarde de hoxe venres coa celebración da I Festa da Cervexa na Corredoira. Dende as 18:00 horas de hoxe e até a noite do domingo, os tudenses e visitantes poderán gozar dunha variada oferta de cervexa artesanal da man de 3 mestres cervexeiros que traerán diversas variedades de lúpulo. Xunto coa cervexa, haberá tamén food trucks, porco ao espeto e unha polbeira, que permitirán acompañar con boa gastronomía á cervexa artesanal. Así mesmo, na tarde do sábado terá lugar unha actuación de zumba namentres que durante as tres xornadas está previstas diferentes actuacións musicais da man do DJ Álvaro Melo, La Chata, Salitre &Cool Funeral e Breakin'Bones. O custe da entrada é de 2€ e inclúe o vaso oficial da festa.

Na xornada de mañá sábado, súmase á oferta de ocio a III Xuntanza Moteira Internacional de Tui na que se espera unha participación de máis de 1.000 motoristas. Ás 9:00 da mañá terá lugar a apertura de inscricións e o almorzo motorista. Xa as 11:30 arrancará a ruta en moto ao longo da comarca do Baixo Miño e a Eurocidade, con visita a Valença. Tras volver a Tui e realizar a comida, as actividades comezarán a partir das 16:00 horas con exhibicións de Stunt -acrobacias de especialistas sobre a moto-, Drift -exhibición de coches de gran potencia realizando diferentes trazados-, etc. Na noite será a quenda da cena e diversos espectáculos de exhibición. O prezo da inscrición para motoristas é de 20€ completa e 12€ media inscrición.

Por mor desta cita produciranse restricións na circulación e estacionamento para garantir a seguridade dos máis de 3.000 asistentes que se esperan. Deste xeito estarán pechadas á circulación e ao estacionamento as rúas Compostela e Ourense. A III Xuntanza Moteira está organizada polo Motoclub os de Sempre Tui en colaboración co Concello de Tui.

Por último, o sábado a Asociación Cultural Betún, en colaboración co Concello de Tui, organiza un concerto totalmente de balde do tudense Víctor Coyote na Praza de Frómista. Xunto ao músico, que tamén tocará a guitarra, a viola ou o uquelele, estará tamén na batería e percusión Ricardo Moreno, batería de bandas míticas como Los Ronaldos, Mastretta, Josele Santiago ou Fangoria. A cita será ás 22:00 horas.

Antes e despois, na Praza de Frómista, haberá postos gastronómicos e tamén ambientación musical con Funkente.

Para un mellor desenvolvemento do evento non estará permitido o estacionamento de vehículos na Praza de Frómista dende as 15:00 horas do sábado.

Tui pecha así o verán cun fin de semana no que se agarda a asistencia de miles de persoas as diferentes actividades nas que o Concello colabora activamente.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones