Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Últimos días para inscribirse no obradoiro de teatro veciñal de Oia

As prazas son limitadas e o prazo para inscribirse permanecerá aberto ata o 31 de agosto.

As prazas son limitadas e o prazo para inscribirse permanecerá aberto ata o 31 de agosto.

Etiquetas del contenido

Fecha: 25 de Agosto de 2021

Fuente: Concello de Oia

O obradoiro de teatro veciñal de Oia mantén aberto ata final de mes o prazo de inscrición para a súa edición deste ano, a cal incorpora algunhas novidades para adaptarse ás circunstancias derivadas da COVID-19. Grupos reducidos e representacións en espazos onde se poidan delimitar os correspondentes aforos son algunhas das adaptacións realizadas este ano.

 

Co obxectivo de garantir as máximas medidas de seguridade no contexto actual de pandemia, o obradoiro incorporará unha serie de cambios respecto a edicións anteriores. Así, celebraranse distintas sesións con grupos reducidos (en función das restricións en vigor en cada momento) no Centro Sociocultural de Pedornes. A formación e ensaios de cada grupo terá lugar un día á semana: os venres 4, 11, 18 e 24 de setembro ou ben os sábados 5, 12, 19 e 25.

 

As persoas interesadas en participar no obradoiro de teatro deberán presentar unha solicitude no Rexistro do Concello de Oia. As prazas son limitadas e o prazo para inscribirse permanecerá aberto ata o 31 de agosto.

 

O obradoiro de teatro veciñal enmárcase no proxecto “6x6 Punto de encontro O Arrabal: O mar tamén ten amores”, organizado polo Concello de Oia e beneficiario do programa “O teu Xacobeo” da Xunta de Galicia. Na edición deste 2021, que se desenvolverá baixo a coordinación de A Artística, as temáticas do obradoiro xirarán arredor da posta en valor do patrimonio local, o Camiño de Santiago e a visibilización das mulleres ao longo da historia.

 

A representación das pezas resultantes no obradoiro, en formato de visita dramatizada, terá lugar no interior do Mosteiro de Oia e o aforo será limitado. A xornada de representacións será o 25 de setembro, no marco das festas locais de San Cosme e San Damián.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Noticias Oia

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

▲ Subir ▲

versión Web

Infomiño Noticias Baixo Miño
C/Manuel Álvarez nº8A 1ºA - 36780 A Guarda (Pontevedra) info@infominho.comTeléfono: 617 583 508