Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Un neno e unha nena saharauís pasan o verán en Tui

Esta semana foron recibidos polo alcalde na casa do Concello xunto ás súas familias

Esta semana foron recibidos polo alcalde na casa do Concello xunto ás súas familias

Etiquetas del contenido

Fecha: 31 de Julio de 2023

Fuente: Concello de Tui

Sahla Abba-Lehbib Bahía e Yusef Abderrahman Sluj  son a nena e o neno saharauís que pasarán o verán en Tui, no seo de dúas familias acolledoras, dentro do programa Vacacións en Paz que promove Solidariedade Galega co Pobo Saharauí.

Tras chegar o pasado día 17 a Galicia este sábado foron recibidos na casa do concello de Tui polo alcalde, Enrique Cabaleiro, e membros do equipo de goberno, que os agasallaron con distintos xogos.

Yusef é o segundo ano que vai compartir estes meses de verán cunha familia tudense, mentres que Sahla é a primeira vez que participa nesta programa, no que unha irmá súa estivo tamén con anterioridade en Tui.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, deulles á benvida á cidade desexándolles que pasen un bo verán disfrutando de actividades propias desta época coma a praia e a piscina. Amosou amais o rexedor o seu agradecemento ás dúas familias acolledoras por sumarse a este programa permitindo que estes cativos poidan pasar os meses de xullo e agosto lonxe das extremas temperaturas que no verán hai nos Campamentos de Refuxiados. Durante a súa estadía, até o 2 de setembro, Shala e Yusef, aproveitarán tamén para mellorar o seu castelán, pasar revisións médicas e sobre todos disfrutar do tempo de convivencia e lecer coas súas familias.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí