Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Un obradoiro de globoflexia con Ian e Elisa abre a programación infantil de Nadal en Tui

Será este xoves ás 17 h na Biblioteca Pública Municipal de Tui. É preciso inscrición previa

A primeira destas actividades en celebrarase será o obradoiro creativo de globoflexia a cargo de Ian e Elisa que terá lugar este xoves, 19 de decembro, ás 17 h na Biblioteca Pública Municipal de Tui.

Fecha: 17 de Diciembre de 2019

Fuente: Concello de Tui

Obradoiros, contacontos, maxia, cinema son parte das actividades de Nadal para público infantil que forma parte da programación "Tui, o Camiño do Nadal, o camiño natural".

A primeira destas actividades en celebrarase será o obradoiro creativo de globoflexia a cargo de Ian e Elisa que terá lugar este xoves, 19 de decembro, ás 17 h na Biblioteca Pública Municipal de Tui.

Este obradoiro abre precisamente o programa "O Nadal na Biblioteca" promovido por este centro bibliotecario con actividades de animación dirixidas especialmente aos seus usuarios máis novos, atendendo ao seu protagonismo nestas xornadas navideñas. Estas actividades terán lugar os xoves 19 e 26 de decembro e o 2 de xaneiro ás 17 h.

O obradoiro creativo de globoflexia con Ian e Elisa vai dirixido aos rapaces e rapazas entre 6 e 12 anos de idades. No mesmo os participantes gozarán aprendendo a facer globos, ao tempo que se estimulará a súa creatividade e a destreza, e se promoverá a lectura mediante varios contos. A parte final do obradoiro será con música na que os nenos e as nenas bailarán ao tempo que constrúen as súas creacións maxistrais.

Ian R. Hamilton e a tudense Elisa Alfaya Pérez son os responsables deste obradoiro. Contan cunha alongada traxectoria no mundo do espectáculo, tanto para adultos como para nenos.

Para participar nesta actividade é necesario realizar unha inscrición previa, que inclúe a autorización paterna na propia Biblioteca Municipal ou a través do correo electrónico: biblioteca@tui.gal.

As seguintes actividades serán o xoves 26 de decembro una sesión de maxia con Samuel Moreno, para rapaces entre 3 e 12 anos e o xoves 2 de xaneiro un contacontos para bebés entre 0 e 3 anos de idade titulado "Os contos do chupete" a cargo de Migallas Teatro. Para ambas actividades tamén cómpre a inscrición previa.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones