Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

UN TRABALLO DO INVESTIGADOR TUDENSE JORGE ENRÍQUEZ MÉNDEZ GALARDOADO NOS PREMIOS PROVINCIAIS DE INVESTIGACIÓN 2015

O traballo, que analiza a transformación na vida comunitaria na Fraga -Gondomar-, resultou premiado no apartado de Novos Investigadores

O xurado cualificador seleccionou 10 traballos gañadores dun total de 34 traballos presentados procedentes de todo o país

Fecha: 23 de Abril de 2016

Fuente: Deputación de Pontevedra

Os Premios Provinciais á Investigación 2015 xa teñen gañadores e gañadoras, despois de que o xurado cualificador seleccionase os 10 traballos gañadores dun total de 34 presentados. Entre os dez traballos premiados atópase a investigación presentada polo tudense Jorge Enríquez Méndez, baixo o título "Arquitectura comunitaria como transformación de procesos sociais. O caso de A Fraga". O traballo aborda a transformación da Fraga, na parroquia de Vincios, concello de Gondomar, desde fai oito anos e ao redor da celebración dunha festa, e que deu lugar a nove micro proxectos e a outras tantas intervencións autoxestionadas. O autor establece como pedra angular da recuperación desta pequena entidade de poboación a colaboración e implicación dos veciños e veciñas no proceso, e que vai enfocado ao aproveitamento parcelario en desuso e comunal do lugar.

O traballo aborda a análise de como se busca unha arquitectura simple e transformable segundo as necesidades e obxectivos de cada espazo. Así, detalla a rehabilitación de 'a Cañonera' e o campo da festa para ser transformado nun albergue; a transformación da antiga escola en aula taller de elaboración de viño e licores; o desmonte do antigo aparcamento da festa para plantar árbores froiteiras e proxectar unha zona de acampada; a reutilización de terreos abandonados para cultivos de produtos ecolóxicos; a rehabilitación de ruínas para a cría de aves de curral e cría de gando; así como a construción dun centro sociocomunitario e unha pista deportiva.

Traballos premiados e categorías
Na categoría 'Humanidades e Ciencias Sociais' resultou gañador o traballo titulado "Estado da conservación dos castros da comarca do Deza", que unha vez aberta a plica resultou ser autoría de Antonio Presas García (Lalín). Na categoría 'Provincia de Pontevedra' premiouse o traballo titulado "Cabaqueiros nos reais arsenais. Ferrol como principal destino dos 'maestros texeros' do Baixo Miño (1750-1850)", de María de los Ángeles Verea Castelo (A Coruña). Na categoría 'Ciencias e Tecnoloxía' gañou o traballo titulado "Novas achegas á xestión dos recursos mariños mediante o uso de modelos de regresión non paramétricos", da autora Marta Sestelo Pérez (Vigo). Neste traballo tamén figuran como coautores Javier Roca Pardiñas e Nora Martínez Villanueva. Estes tres premios están dotados con 3.000 euros cada un.

No apartado de Novos Investigadores, gañou na categoría de 'Humanidades e Ciencias Sociais' o traballo titulado "Arquitectura comunitaria como transformadora de procesos sociais. O caso de 'A Fraga', de Jorge Enríquez Méndez (Tui). No mesmo apartado, categoría 'Novas Tecnoloxías' resultou premiado o traballo "Paralelización e modificación do algoritmo de lusterign k-means en GPUs para o conteo eficiente de células somáticas en lácteos" de Adrián Pérez Diéguez (Pontevedra).

No apartado de Teses de Doutoramento, categoría 'Humanidades e Ciencias Sociais' foron premiados tres traballos. "Plateiros portugueses en Galicia. O obradoiro dos Cedeira (1542-1667)" de Diana Dúo Rámila (Pontevedra); "A vida musical na provincia de Pontevedra (1878-1003)" de Nuria Barros Presas (Campo Lameiro); e "Canitrot e os sistema literario galego no tránsito de século. Un proxecto didáctico entre o humanismo e a estética galega" de Carlos Gegúndez López (Lugo). No mesmo apartado, categoría 'Ciencias e Tecnoloxía' resultaron gañadores dous traballos. "Brassica oleracea como fonte de compostos biosaudables: aproximación xenética" de Tamara Sotelo Pérez (Bueu); e "Efectos da isatina sobre a neurotransmisión dopaminérginca no núcleo estriado. Un estudo in vivo mediante microdiálise cerebral" de Lorenzo Antonio Justo Cousiño (A Lama).

Tanto os premios do apartado Novos Investigadores como do apartado Teses de Doutoramento están dotados con 2.000 euros cada un. Nesta edición, o xurado acordou declarar deserto o premio Carmela Arias Días de Rábago. Este premio establécese para recoñecer traballos referidos a persoeiros da provincia de Pontevedra no ámbito local, provincial, galego ou internacional, que se caractericen pola súa contribución á mellora e ao desenvolvemento de Galiza.

Tanto os premios do apartado Novos Investigadores como do apartado Teses de Doutoramento están dotados con 2.000 euros cada un. Nesta edición, o xurado acordou declarar deserto o premio Carmela Arias Días de Rábago, que recoñece traballos referidos a persoeiros da provincia de Pontevedra no ámbito local, provincial, galego ou internacional, que se caractericen pola súa contribución á mellora e ao desenvolvemento de Galiza.

Tanto os premios Traballos de Investigación como Novos Investigadores recoñecen traballos inéditos e redactados especificamente para esta convocatoria. Para garantir o anonimato dos traballos, en ambos premios se esixe que sexan presentados baixo lema sen que conste a identificación do autor ou autora. No caso de Teses de Doutoramento, teñen que estar defendidas no período comprendido entre os anos 2014 e o 2015 en calquera das universidades galegas. Tamén se admiten teses defendidas noutras universidades, sempre que versasen sobre temática galega.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones