Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Un tren turístico realiza seis frecuencias diarias na Eurocidade Valença-Tui

Une a Fortaleza de Valença e o casco urbano de Tui. O prezo da viaxe de ida e volta é de 3?

Une a Fortaleza de Valença e o casco urbano de Tui. O prezo da viaxe de ida e volta é de 3?

Fecha: 26 de Julio de 2016

Fuente: Concello de Tui

A Eurocidade Tui-Valença volve estar unida este verán por un tren turístico que realiza a diario seis viaxes, tres pola mañá e tres pola tarde, entre a Fortaleza de Valença e a Praza da Inmaculada de Tui. Nunha hora aproximada de percorrido os viaxeiros teñen a oportunidade de percorrer as rúas da Fortaleza de Valença - dende onde sae ás horas en punto, atravesar a vella Ponte Internacional, e subir pola Avenida de Portugal, Martínez Padín, e Augusto González Besada ata o céntrico Paseo da Corredoira en Tui.

O punto de saída do tren en Tui é a Praza da Inmaculada pola mañá ás 11.30h, 12.30h e 13.30h e pola tarde ás 16.30h, 17.30h e 18.30h. O prezo da viaxe de ida e volta é de 3€ existindo descontos para nenos e grupos. Esta proposta turística que xa o ano pasado contou cunha gran acollida.

Dende a concellería de Turismo de Tui, segundo explica o seu responsable Laureano Alonso, estase a estudar a posibilidade de que o tren circule polo conxunto histórico pasando pola rúa Cuenca, e que incluso poida ir ata a Igrexa de San Bartolomeu, coincidindo coas visitas guiadas que se farán a este templo.

Por outra parte no ámbito turístico cómpre lembrar que proseguen as visitas guiadas gratuítas ao conxunto histórico. Pola mañá ás 12.30h de luns a venres, e ás 13h os sábados, domingo e festivos, realízanse ao Tui Xudeu coa particularidade de que este ano por vez primeira pódese visitar o único patio xudeu que se conserva en Galicia - o patio de Salomón- . Polas tardes ás 20h de luns a domingo faise un percorrido polo Tui medieval. Saen da Praza da Inmaculada.

A Oficina Municipal de Información Turística, situada na Praza de San Fernando, achega información aos visitantes e peregrinos sobre estas dúas actividades pero tamén sobre os atractivos da cidade, os lugares a visitar, onde comer ou aloxarse, así coma sobre o Camiño Portugués a Santiago, entre outros. O pasado mes de xuño 4.930 persoas, das que o 70% eran estranxeiros, demandaron información nesta oficina. Portugal, Alemaña, Reino Unido, Italia e Francia foron os países dos que maioritariamente chegaron en xuño os turistas a Tui, mentres que entre os nacionais Pais Vascos, Cantabria, Cataluña e Andalucía foron as principais comunidades de orixe. Esta oficina abre de luns a domingo de 9 a 14 e de 15 a 19h. De luns a venres - salvo festivos - vese reforzada polo Punto de Información Turística, na praza da Inmaculada, que atende de 9.30h a 14.30h.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones