Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Unha andaina nocturna unirá este sábado os dous principais cumios da Eurocidade Tui-Valença

Será un percorrido de 17 quilómetros dende o Monte Aloia ao Monte Faro á luz da lúa chea

Será un percorrido de 17 quilómetros dende o Monte Aloia ao Monte Faro á luz da lúa chea

Fecha: 28 de Julio de 2018

Fuente: Concello de Tui

Unha andaina nocturna unirá este sábado, 28 de xullo, os dous principais cumios da Eurocidade Tui-Valença, o Monte Aloia e o Monte Faro, á luz da lúa chea. Será un percorrido de 17 de quilómetros, de dificultade doada, que comezará ás 23.30 hora española no Aloia e rematará entorno ás 5 da madrugada vendo o amencer no Monte Faro. Esta novidosa proposta forma parte do calendario de Andainas Saudables da Eurocidade.

O percorrido proposto, en cuxo deseño se tivo moi presente a seguridade dos participantes, comezará no Parque Natural do Monte Aloia, baixará ata Tui onde percorrerá o Paseo Fluvial e cruzará pola vella Ponte Internacional cara Valença. O traxecto brindará fermosas panorámicas nocturnas das dúas cidades iluminadas e do río Miño.

Está previsto que na andaina participen un centenar de persoas. A inscrición está aberta ata mañá mércores, 25 de xullo, ás 23.59 h na web www.andatui.es , cun prezo de 5€ por persoa.

Os participantes deberán estar ás 23 hora española no aparcamento do Monte Faro dende onde serán trasladados en dous autobuses até o aparcamento do Monte Aloia onde comezará a andaina. Aconséllase levar botas, roupa cómoda, bastón e lanterna. Haberá dous avituallamentos, un na vella Ponte Internacional de froita e bebida, e outro xa no remate no Monte Faro de rosca e chocolate. Na chegada serán sorteadas dúas comidas/ceas e dúas botellas de viño entre os participantes.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí