Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

UNHA ANDAINA SAUDABLE, TORNEO DE MINITENIS E CARREIRA POPULAR ESTA FIN DE SEMANA EN TUI CO GALLO DAS FESTAS DE SAN TELMO 2015

Unha andaina saudable, torneo de minitenis e carreira popular son as tres actividades deportivas que se van celebrar en Tui esta fin de semana co gallo das Festas de San Telmo.

Unha andaina saudable, torneo de minitenis e carreira popular son as tres actividades deportivas que se van celebrar en Tui esta fin de semana co gallo das Festas de San Telmo.

Fecha: 11 de Abril de 2015

Fuente: www.concellotui.org

Unha andaina saudable, torneo de minitenis e carreira popular son as tres actividades deportivas que se van celebrar en Tui esta fin de semana co gallo das Festas de San Telmo. Este eventos foron presentados este mediodía na Casa do Concello de Tui polo alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o concelleiro de Deportes, Antonio Castro, o presidente da Comisión de Festas de San Telmo, Francisco Javier Rodríguez, o presidente do Club Atletismo Tui-Thermalia, Rafael Pérez, o responsable do Club Tenis Tui, Pablo García, así como o presidente de SOS Baixo Miño, José Quinteiro.

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, comezou a súa intervención destacando a importancia que as actividades deportivas teñen tamén no marco da programación das Festas de San Telmo. Animou á poboación a participar nos eventos previstos ao tempo que amosou o seu agradecemento ás asociacións e clubs organizadores, así coma á Comisión de Festas polo seu traballo.

Pola súa parte o concelleiro de Deportes, Antonio Castro, explicou que a primeira cita deportiva desta fin de semana festiva será o sábado, 11 de abril, coa Andaina Saudable da Eurocidade polo Trilho da Señora do Loreto. Será un percorrido de 12 quilómetros de dificultade moderada cun tempo estimado de 5 horas. O punto de partida será a Igrexa Matriz de Ganfei, en Valença, ás 10 da mañá hora española, ou quince minutos antes no aparcamento do Lidl en Valença.

O sábado pola tarde o Paseo da Corredoira de Tui acollerá o V Torneo de Minitenis na Rúa organizado polo Club Tenis Tui. A partir das catro da tarde abrirase a inscrición para todos os nenos e nenas, de ata 14 anos, interesados en participar. A partir das cinco comezará a competición nas cinco minipistas que se instalarán no propio Paseo da Corredoira. É recomendable levar a raqueta de tenis, aínda que o club tamén disporá dalgunhas de empréstito. Así o sinalou Pablo García, responsable do Cub Tenis Tui.

O domingo, 12 de abril, a cita será coa Carreira Popular de San Telmo organizada polo Club de Atletismo Tui-Thermalia, que terá carácter solidario xa que se recollerán alimentos que serán doados a SOS Tomiño-Baixo Miño. A inscrición está aberta até mañá mércores ás doce da noite ao través da web https://clubatletismotui.wordpress.com/. Non se admitirán inscricións fóra de prazo nin o propio domingo. Poderán participar na mesma dende o nenos na categoría pitufos ata adultos en senior e veteranos, variando a distancia e o percorrido en función da categoría. A primeira carreira en saír será á das categorías absolutas (senior, veterano e xuvenil) ás 10.30h dentro o Paseo da Corredoira con dobre volta ao circuíto establecido ata completar 6.500 metros. A partir das 12h será a quenda dos cadetes e infantís con percorrido de 2.340 metros. A continuación sucederanse as outras categorías, alevín, benxamín e pitufos, nun percorrido xa polo Paseo da Corredoira. A entrega de premios está prevista ás 13.30h.

Rafael Pérez, presidente do Club Atletismo Tui-Thermalia, explicou que por quinto ano consecutivo é este club o encargado da organización desta carreira na que o ano pasado participaron 800 persoas. Destacou o carácter popular da mesma, así coma que soen participar non só persoas de Tui ou da comarca senón cada vez máis tamén doutras cidades galegas.

José Quinteiro, presidente de SOS Tomiño-Baixo Miño, agradeceu ao Club Atletismo Tui-Thermalia a súa colaboración lembrando que na edición de 2014 recolleron 1.050 quilos de alimentos para esta asociación asistencial.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones