Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Jueves, 12 de Marzo de 2026

UNHA DELEGACIÓN TUDENSE, ENCABEZADA POLO ALCALDE, VIAXA A VERSMOLD PARA PARTICIPAR NO FESTIVAL -EUROPA BAILA EN VERSMOLD-

Esta localidade xermana esta irmandada con Tui dende o pasado mes de abril

Fecha: 19 de Octubre de 2013

Fuente: www.concellotui.org

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, representantes da Corporación Municipal tudense (pertencentes ao grupos municipais do PP, PSOE e AT) e veciños da localidade, viaxarán á cidade alemana de Versmold, do próximo xoves 24 ao domingo 27 de outubro, para asistir ao festival "Europa baila en Versmold" no que participará unha delegación tudense para conmemorar a recente sinatura do acordo de irmandade.

A representación tudense neste festival estará a cargo do grupo de baile da parroquia de Paramos, tan especialmente unida á aquela cidade de Versmold e que foi unha das promotoras deste acordo de irmandade.

A localidade xermana irmandouse oficialmente con Tui no pasado mes de abril, cando o alcalde da alemán, Thorsten Klute, xunto cunha ampla delegación daquela localidade visitaron Tui, nas festas patronais de San Telmo, para asinar este protocolo de amizade.

A localidade de Versmold, de 21.000 habitantes, contou e conta cunha ampla presenza de inmigrantes de parroquias de Tui, especialmente de Paramos e Baldráns, que emigraron hai anos e onde, moitos deles, traballaron nas súas fábricas de embutidos. Na actualidade, un amplo número de tudenses cobran a súa xubilación tras traballar e vivir en dita localidade.

Por convite do concello de Versmold acode tamén o presidente da Cámara de Valença, Jorge Salgueiro Mendes, acompañado por vereadores daquela localidade. O alcalde tudense, concelleiros e veciños de Tui acudirán ao acto asumindo cada un persoalmente os gastos derivados da viaxe sen achega económica do Concello.

"Europa baila en Versmold" inclúe no seu programa actividades que buscan dar a coñecer a localidade xermana a Europa así coma afianzar a idea dunha conciencia comunitaria. Os asistentes visitarán museos, centros educativos para coñecer cómo funciona o sistema de ensino alemán, visitas guiadas por diferentes localidades da zona, e participarán no Festival "Europa tanzt in Versmold. A cultura non coñece fronteiras" onde cada unha das cidades irrmandadas presentará costumes típicas do seu país.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí