Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Unha enquisa busca coñecer a percepción da poboación sobre o Turismo na cidade de Tui

Forma parte da fase de análise de redacción do Plan Director e Estratéxico de Turismo de Tui

Forma parte da fase de análise de redacción do Plan Director e Estratéxico de Turismo de Tui

Fecha: 21 de Febrero de 2019

Fuente: Concello de Tui

Co obxectivo de contar co parecer da poboación e do sector sobre a situación do turismo na cidade o equipo redactor do Plan Director e Estratéxico de Turismo vén de iniciar unha enquisa na que se pode participar on-line, de xeito anónimo, a través da plataforma SurveyMonkey.

Nesta enquisa preguntase á poboación, tanto cidadanía como empresas, sobre a súa percepción do turismo na cidade. Esta acción enmárcase na fase de análise do turismo na cidade no proceso de elaboración do Plan Director.

A enquisa busca precisamente coñecer a percepción e visión do turismo actualmente en Tui, plantexando preguntas sobre cales son os recursos con maior atractivo, a visión sobre determinadas poblemáticas que poidan existir, ou no caso das empresas a demanda de servizos, procedencia dos clientes, estadía media, ... entre outras cuestións.

Este venres celébrase a primeira mesa de traballo multisectorial

Continuando co traballo previo de análise este venres, 22 de febreiro, ás 17h na Área Panorámica celebrarase a primeira mesa de traballo multisectorial coa presenza de autoridades locais relacionados co turismo, o patrimonio, o comercio, de representantes de empresas turísticas, tanto aloxamentos coma restaurantes, de sectores complementarios e de asociacións vinculadas co turismo. Nesa mesa traballarase ao longo da tarde con axentes relacionados co turismo para obter unha visión máis concreta sobre determinados aspectos de Tui como destino turístico como a conectividade, mobilidade, insfraestrutura turística...

Lembramos que a redacción do Plan Director e Estatéxico de Turismo comezou a finais de xaneiro. Tras a análise da situación actual e a redacción dun informe DAFO, establecerá os retos e liñas estratéxicas a seguir, e concluirá co deseño de plans de acción e produtos prioritarios.
 
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones