Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

UNHA SENTENZA DECLARA UNS TERREOS DUN VIVEIRO FORESTAL EN SEIXOS ALBOS COMO PERTENCENTES Á CMVMC DE AREAS-TUI

Se declara que o terreo sobre o que se sitúa o Viveiro Forestal de Areas pertence á Comunidade de montes veciñais en man común de Areas

Se declara que o terreo sobre o que se sitúa o Viveiro Forestal de Areas pertence á Comunidade de montes veciñais en man común de Areas

Fecha: 28 de Noviembre de 2015

Fuente: CMVMC de Areas

A Comunidade de montes veciñais en man común de Areas presentou no mes de maio de 2013 unha demanda contra a Xunta de Galicia, a Administración do Estado e o Concello de Tui, a fin de que se declarase a titularidade dominical da devandita Comunidade de montes sobre a porción do monte "Seixos Albos" que se ocupou na primeira década do Século XX para ser destinada a Viveiro Forestal, e que foi proxectado polo Enxeñeiro Rafael Areses Vidal.
 
A demanda foi turnada ao Xulgado de Primeira Instancia nº 3 de Pontevedra e, tras celebrarse o correspondente xuízo o 22 de Outubro de 2014, a mesma foi estimada integramente en virtude de Sentenza de data 23 de Novembro de 2015, por virtude da cal se declara que o terreo sobre o que se sitúa o Viveiro Forestal de Areas pertence á Comunidade de montes veciñais en man común de Areas e, ao propio tempo, declara a nulidade radical da cesión gratuíta da devandita porción de monte veciñal outorgada no seu día polo Concello de Tui a favor da Administración do Estado, así como a nulidade radical da cesión outorgada por esta última a favor da Xunta de Galicia, que propiciou a inscrición ao seu nome no Rexistro da propiedade de Tui, cuxa cancelación ordena tamén o Xuzgador, quen, non impón as costas procesais a ningunha das partes "dada a dificultade do asunto".
 
O Xuzgador, á vista das probas periciais practicadas a instancia da CMVMC de Areas -­‐tanto a pericial de análise e trascripción de numerosa documentación histórica, como a pericial técnica de identificación física e cartográfica do terreo litixioso-­‐ chegau á plena convicción de que o Viveiro Forestal de Areas foi instalado dentro do monte "Seixos Albos", aproveitado desde tempo inmemorial polo común de veciños da parroquias de Areas, estando, por tanto, situado dentro do seu perímetro, sen que os codemandados demostrasen de forma algunha o carácter non veciñal do terreo en litixio.
 
Sendo o terreo litixioso unha porción de monte veciñal en man común, o Xuzgador aplica a Xurisprudencia sentada polo TSJG na súa emblemática sentenza do 19 de Maio de 2009 (por virtude da cal se declarou que o terreo onde se atopa instalado o Zoo de Vigo forma parte integrante e inseparable do monte "Madroa" da Comunidade de montes de Teis), no sentido de que o monte veciñal "Seixos Albos" é INDIVISIBLE, INALIENABLE e IMPRESCRIPTIBLE e, por tanto "non cabe segregar porcións do mesmo como no seu día fixo o Concello de Tui, traspasando as súas simples funcións de intervencionismo ou de tutela", sen que nin sequera as cesións realizadas poidan quedar validadas pola súa inscrición rexistral, dada "a nulidade de pleno dereito do título de dominio derivado", pois ao ser o monte veciñal inalienable, existe unha prohibición de dispoñer que fai nula radical calquera alleamento que se faga sobre o mesmo.
 
Dita sentenza non é firme, senón que fronte á mesma pódese interpoñer recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra no prazo de 20 días hábiles.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones