Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

UNHA VINTENA DE DESEMPREGADOS DA CIDADE FORMARANSE NO OBRADOIRO DE EMPREGO -DESCUBRE TUI 2015-

O obradoiro abarca dúas especialidades, -Promoción turística local e información ó visitante-, e -Deseño de produtos gráficos-

O obradoiro abarca dúas especialidades, -Promoción turística local e información ó visitante-, e -Deseño de produtos gráficos-

Fecha: 02 de Septiembre de 2015

Fuente: www.concellotui.org

O pasado martes, ás dez da mañá, tivo lugar a presentación do obradoiro de emprego "Descubre Tui 2015", no que unha vintena de alumnos desempregados se formarán ata febreiro. Asistiu á presentación o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, o Delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e os alumnos e docentes do obradoiro.

O alcalde de Tui quixo agradecer ó delegado da Xunta para a provincia de Pontevedra a concesión deste obradoiro de emprego. Enrique Cabaleiro incidiu que "Descubre Tui" é unha actividade primordial para o municipio, xa que unha das fontes reais e potenciais de desenvolvemento económico da cidade é o turismo. O rexedor tamén desexou que tras este obradoiro, moitos tudenses saian con formación para mellorar o tecido socioeconómico e laboral de Tui.

O concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, destacou que neste mes de agosto máis de 15.000 persoas se achegaron pola oficina de turismo e polo punto de información da cidade, o que demostra a boa saúde do turismo en Tui. O Camiño Portugués en auxe, está a xerar a creación de negocios artellados ó seu redor, como a construción dun hotel no Casco Histórico.

Pola súa banda, o delegado territorial da Xunta para a provincia de Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou que os obradoiros son fundamentais e que unha vez que mellore a economía, tentarán facelos máis longos. No caso concreto de Tui, incide que a temática do obradoiro é básica para a cidade, co gallo de potenciar o sector e poder crear postos de traballo ó seu redor. De feito, Cores Tourís recordou que a actual Xunta de Galicia investiu neste tipo de iniciativas en Tui case 700.000 euros dende 2009.

O concello de Tui recibiu unha subvención por parte da Consellería de Traballo e Benestar para á actividade de 178.157 euros. "Descubre Tui 2015" abarca a especialidade de "Promoción turística local e información ó visitante", e "Deseño de produtos gráficos". Cada modalidade dará formación a 10 alumnos.

O proxecto ten unha duración de 5 meses, comezando hoxe e rematando o vindeiro 29 de febreiro do ano 2016. En concreto, na provincia de Pontevedra, investiranse 3,2 millóns de euros para a posta en marcha destes cursos de formación que beneficiarán a case 500 persoas entre alumnos e profesores, en 20 obradoiros.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones