Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Unha visita guiada nocturna centra as actividades da Xornada Europea da Cultura Xudía este venres en Tui

Tamén a inauguración dunha exposición en Valença

Tamén a inauguración dunha exposición en Valença

Etiquetas del contenido

Fecha: 02 de Septiembre de 2022

Fuente: Concello de Tui

A cidade de Tui segue acollendo este venres, 2 de setembro, diversas actividades arredor da celebración das Xornadas Europeas da Cultura Xudía e que contribúen á posta en valor do amplo conxunto patrimonial existente na cidade de Tui, e ligadas á presenza de comunidades xudías e cripto-xudías ao longo dos séculos neste territorio do Miño.

En concreto, o venres se realizará unha visita nocturna aos elementos da historia de Tui ligados á presenza xudía na cidade, unha visita que comezará ás 22,30 horas diante da Oficina Municipal de Turismo, no Paseo da Corredoira. No percorrido os asistentes, que están convidados a portar unha canea (ou vela), poderán achegarse a diversos puntos de interese nun percurso polo conxunto histórico de Tui a cargo de guías especializados. A asistencia é libre.

Nesta xornada ás 10,00 horas de Portugal terá lugar no Paiol de Marte de Valença a inauguración da exposición exposición “Diálogos” que foi preparada en setembro de 2021 pola Biblioteca Nacional de Israel. Esta exposición reflexiona e explica diferentes tipos de diálogos desde a perspectiva da cultura xudía, documentando a través de diferentes fotografías e cadros de textos. Así pois a exposición fai un percorrido polo Diálogo entre xeracións, dos pais ou avós aos seus fillos, como eixo na educación, Diálogo entre textos, a miúdo entendemos un "diálogo" como unha conversación entre persoas, con todo, na historia xudía, son máis importantes as "conversacións" entre textos. Diálogo dentro da Comunidade, incorporando a perspectiva da argumentación como eixo da tradición xudía, o Diálogo entre Culturas ou o Diálogo entre relixións como integración indispensable dos xudeus ao longo dos séculos en que viviron entre outras culturas e grupos de persoas. A exposición ademais das fotos e explicacións achega en cada bloque diferentes QR que profundizan sobre o tema. Esta mostra chega a través da Red de Juderias de España – Caminos de Sefarad á que o concello de Tui pertence dende o ano 2019.

Finalmente ás 12,30 horas terá lugar o descubrimento dunha placa e bronce co símbolo da Red de Juderias de España na fachada do Concello para simbolizar a pertenza do Concello de Tui a esta agrupación, dende o ano 2019, e que integra a 21 concellos de toda España que traballan a prol da conservación e promoción do legado xudeu existentes nas súas localidades.

A temática elixida para celebrar en 2022 a Xornada Europea da Cultura Xudía en 35 países europeos foi RENACER, un concepto entretecido en moitos aspectos da vida e a práctica xudías, como é no sentido de recuperación do pasado. Un concepto que permite seguir as pegadas e a memoria naqueles lugares onde houbo presenza xudía, e que a pesar da súa desaparición conserva aínda na actualidade unha herdanza e un patrimonio sen o cal non seriamos capaces de entender o presente, e cuxo legado, de xeración en xeración, constitúe un tesouro fundamental na transmisión da identidade. Hoxe, temos a sorte de contar en Tui con testemuños materiais e inmateriais que permiten coñecer e pór en valor este importante e enriquecedor patrimonio. Acceder a este patrimonio sempre é posible, non xa pola visitas preparadas para estas xornadas, senón que a “Ruta xudía” está sinalizada e a través de turismotui.mobi pódese seguir esta itinerario con xeolocalización e información complementaria á existente nos sinais.

Ao longo da fin de semana do 3 e 4 de setembro convidamos a visitar o espazo RENACER, na Praza da rúa Ordoñez, simbolizado por unha grande bolboreta Monarca, unha fermosa especie que representa a transformación, e simboliza a vida, o tempo e o renacemento. As súas ás estarán expostas neste lugar, inmediato á entrada ao conxunto histórico tudense, e convidamos ao visitante que cando as atopes, tire unha fotografía con elas e a suba a Instagram. Etiquétenos co noso perfil de Instagram @redjuderias e usando os hashtags: #renacer #redjuderias.  Así, axudaranos a construír o mapa de Sefarad, porque con todas as imaxes crearemos un gran mosaico co noso logo. Ademais, entre os autores de todas as fotografías enviadas, sortearemos unha viaxe de dúas noite con aloxamento e almorzo para 2 persoas na cidade da Rede de Xudarías que elixa o gañador.

 

PROGRAMA

Sábado 3 de setembro

  • Photocall da Red de Juderias na praza da rúa Ordoñez para concurso, con sorteo de agasallos
  • Confección dunha alfombra de flores dedicada ao Camiño de Santiago Portugués. Paseo da Corredoira, dende as 09,00 h. Organiza: Asociación de Alfombristas do Corpus Christi de Ponteareas.
  • Visita guiada á colección de Sambenitos ás 12,00 h. Inicio Oficina de Turismo.

Domingo 4 de setembro

  • Photocall da Red de Juderias na praza da rúa Ordoñez para concurso, con sorteo de agasallos
  • Visita teatralizada ao patrimonio xudío de Tui ás 12,00 h. Inicio Oficina de Turismo.
  • Concerto de música sefardí con Helena Madeira. Praza do Pracer. 20.00 h. (en caso de choiva na igrexa de San Domingos).

Luns 5 de setembro

  • Conferencia de Elyjah Byrzdet (investigador, autor de varios libros de historia, xudaísmo e xenealoxía) "Lo que debes conocer de los judíos". Edificio Francisco Sánchez, 20,00 h.

Mércores 7 de setembro

  • Inauguración da exposición “Portas de Tui e Valença” de Rosa María Vila na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui, 20,00 h.

Do 1 ao 11 de setembro: Xornadas gastronómicas sefardís: o bacallau

 

Como gañar unha viaxe a Sefarad?

Sobe unha foto a Instagram pousando coas nosas ás.

Etiqueta a @redjuderias e utiliza os hashtags #renacer #redjuderias

Debes seguir á conta @redjuderias en Instagram

Cada participante pode subir máis dunha fotografía

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí