Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

VALENTÍN GARCÍA ENTREGA OS PREMIOS DO IV RALLY MATEMÁTICO E CIENTÍFICO SEN FRONTEIRAS

A superfinal celebrarase en Toulouse o vindeiro 13 de maio

Neste acto participaron dous grupos de alumnos do IES A Sangriña de A Guarda

Fecha: 09 de Abril de 2016

Fuente: Xunta de Galicia

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou este mediodía no acto de entrega de premios do IV Rally Matemático e Científico sen Fronteiras. A iniciativa, promovida pola Institución Galega da Ciencia, Igaciencia, conta co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Valentín García gabou o traballo de Igaciencia para achegarlle a investigación á sociedade sempre en galego, "co afán de demostrar a validez da nosa lingua para a produción e a divulgación científicas". Neste sentido, felicitou a todos os escolares participantes polos seus traballos e incidiu na importancia de "implicar a mocidade no uso e na visibilidade social do idioma propio de Galicia".

No acto, que se desenvolveu na Facultade de Químicas da USC, participaron tamén Manuel Díaz e Inés Ben, responsables de Igaciencia; e a decana desta facultade, Mª del Pilar Bermejo.

Os centros gañadores desta final galega participarán na superfinal que se celebrará en Toulouse o vindeiro 13 de maio, canda outros centros doutras comunidades españolas e francesas. Galicia leva concorrendo a ela desde hai xa 24 anos.

Colaboración con Igaciencia

A Consellería de Cultura e Educación, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, apoia o labor de divulgación social da ciencia en galego que realiza a Institución Galega de Ciencia, Igaciencia. Ademais de colaborar neste Rally Matemático e Científico sen Fronteiras, patrocina, xunto con EducaBarrié, o concurso Inventa en Galego, dirixido a alumnado de educación non universitaria e apoia diferentes iniciativas como exposición Arte e Ciencia ou outras organizadas cada ano para conmemorar cada novembro o Mes da Ciencia en Galego. Máis información en www.igaciencia.eu.

Dous grupos de alumnos guardeses son xa finalistas do Rally Matemático e Científico sen Fronteiras 2016 que organiza a Institución Galega de Ciencia.

Un dos equipos cursa 1º de ESO baixo a tutela da profesora Carmen López Fernández eo outro grupo  cursa 4º de ESO baixo a tutela do profesor Antonio Benito García

Ámbolos dous grupos de alumnos asistiron á final galega e á entrega de premios o día 8 de abril na aula de Bioloxía da Facultade de Química.

Na pasada edición deste evento escolar os alumnos do IES A Sangriña de A Guarda Iago Álvarez, Alex Fernández, Nahir Álvarez, Sarai Alfonso, Yoel Cardoso, Valeria Baz, Nayara Diego e Lucía Lorenzo, gañaron na final de Tolousse, sendo recibidos no Concello .

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones