Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Visita interpretativa sobre a restauración estrutural dos Muíños da Dorna

O vindeiro sábado, 15 de outubro, ás 11h. terá lugar esta visita guiada centrada na interpretación patrimonial destes muíños e a súa contorna.

O vindeiro sábado, 15 de outubro, ás 11h. terá lugar esta visita guiada centrada na interpretación patrimonial destes muíños e a súa contorna.

Etiquetas del contenido

Fecha: 15 de Octubre de 2022

Fuente: Asoc Muiños do Tripes

Os muíños da Dorna, na Senda do Río Tripes en Tui, serán os protagonistas desta actividade, que terá unha duración aproximada de 90 minutos, centrada na posta en valor dos procesos de restauración e consolidación estrutural dos muíños Dorna de Arriba e Dorna de Abaixo levados a cabo pola Asociación Muiñeiros do Río Tripes.

O vindeiro sábado, 15 de outubro, ás 11h. terá lugar esta visita guiada centrada na interpretación patrimonial destes muíños e a súa contorna.

Analizarase a metodoloxía construtiva, dende o peirao e punto de captación da levada ata a propia arquitectura dos muíños. Revelaranse detalles que nos indican as diferentes reconstrucións sufridas dende a súa construción ata os nosos días.

Os diferentes signos lapidarios, as marcas de "raspeta" e o propio desgaste das pedras axudarán a entender a vida cotiá e a mentalidade dos nosos antepasados.

Visitarase o interior destes muíños que, aínda que non posúen a totalidade do sistema de moenda, teñen interesantes aspectos que amosar.

Afondarase na importancia da conservación do patrimonio, da súa utilidade e a responsabilidade da sociedade civil en todo isto.

O pequeno paseo que conducirá aos asistentes dende o punto de encontro ata os muíños tamén permitirá coñecer o entorno e contexto destes elementos do patrimonio etnográfico.

O prezo da actividade é de 4 €, sendo preciso facer inscrición previa no correo: cristianlagonunez@gmail.com ou no 653 632 360.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí