Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Visitas culturais guiadas esta fin de semana en Tui

Serán o sábado e o domingo ás 19.15h dende a Praza da Inmaculada

Serán o sábado e o domingo ás 19.15h dende a Praza da Inmaculada

Fecha: 18 de Noviembre de 2017

Fuente: Concello de Tui

Dobre proposta é a que hai esta fin de semana dentro da programación das Visitas Culturais gratuítas, que organiza o Concello de Tui até finais de ano, guiadas polo historiador tudense Suso Vila.

A primeira cita será mañá sábado, ás 19.15h, con saída dende a praza da Inmaculada para realizar un percorrido aproximado de 60 minutos pola "Arquitectura educativa en Tui". Os asistentes a esta visita poderán coñecer o patrimonio educativo tudense vinculado aos edificios que se construíron con uso educativo durante o século XIX coma a Escola de Nenas e o Colexio de Primeiras Letras, ambos na rúa Sanz, o edificio dos Estudos de Gramática que actualmente ocupa o albergue de peregrinos, ou o Seminario Menor. O percorrido irá, tamén, por outras rúas con inmobles que aínda que foron construídos con outra finalidade tiveron igualmente uso escolar.

Mentres o domingo, tamén ás 19.15h, dende a praza da Inmaculada, partirá a visita "A cidade histórica" cuxo obxectivo é rememorar a evolución da cidade ao longo de máis de 800 anos. O roteiro previsto permitirá redescubrir o perímetro amurallado da cidade, e os edificios relixiosos, civís e residenciais de intramuros que foron marcando a traxectoria da cidade ao longo do tempo. No paseo poderá verse coma a Cidade Histórica é froito dun longo proceso ao longo dos anos que ten deixado unha gran riqueza arquitectónica e patrimonial.

Visitas Culturais
Sábado, 18 de novembro, ás 19.15h "Arquitectura educativa en Tui".
Domingo, 19 de novembro, ás 19.15h "A Cidade histórica"
Punto de saída: praza da Inmaculada
Duración: 60 minutos aproximadamente

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones