Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Xincana, teatro e música en Tomiño no Día das Letras Galegas

Este mércores 17 de maio o Concello organiza unha morea de actividades de 10.00 a 14.00 horas na Praza do Seixo

Este mércores 17 de maio o Concello organiza unha morea de actividades de 10.00 a 14.00 horas na Praza do Seixo

Etiquetas del contenido

Fecha: 17 de Mayo de 2023

Fuente: Concello de Tomiño

Tomiño conmemora o Día das Letras Galegas cunha morea de actividades o propio 17 de maio coas que poñer en valor o galego e fomentar o seu uso, especialmente entre a infancia e a mocidade. Por este motivo, o vindeiro mércores o Concello organizará diferentes obradoiros, música, teatro e descontos nas librarías nas compras de libros en galego.

A Praza do Seixo acollerá de 10.00 a 14.00 horas seis talleres variados para todos os públicos organizados polo grupo de voluntariado da OMIX de Tomiño que conforman unha xincana coa que deberán conseguir selar todas as letras da palabra ‘Galego’ para recibir de balde unha chapa e unha camiseta co deseño gañador desta edición do concurso do Día das Letras Galegas, que este ano gañou o tomiñés Andrés Álvarez.

A primeira actividade será ‘Galepalabra’, unha sorte de rosco co abecedario galego no que as persoas participantes deberán ir acertando as palabras ás que se refiren distintas definicións. En ‘Aprender galego con xogos ancestrais’ a través dunha aplicación do Observatorio do Patrimonio Lúdico o público aprenderá a lanzar buxainas, en ‘Rosalía ABC’ tratarase de chegar ao máximo de palabras en galego da a á z, mentres que en ‘Cantamos/Contamos’ hai que saber continuar coñecidas cancións de antes e de agora. A xincana rematará cos obradoiros ‘Adiviña quen’, no que cada persoa participante deberá descubrir que persoa coñecida galega se lle asignou, e ‘Creatividade’, co que inventar un poema en galego, compartir un refrán... nunha lona penduraba para logo sacar foto e publicalo nas redes sociais.

Xa ás 11.30 horas a mocidade tomiñesa representará ‘O enterro do galego’, no que cada persoa voluntaria disfrazarase dun idioma do mundo para asistir á morte da lingua galega por caer en desuso. Un espectáculo con final alegre, xa que nenos e nenas comezarán de novo a falar o galego e conseguen resucitalo. Ás 12.00 horas ademais a Agrupación Musical de Goián dará un concerto na Praza do Seixo.

Por outra banda, para fomentar a lectura en galego e en colaboración co comercio local, Concello e librarías de Tomiño ofrecerán un 40% de desconto en todos os libros que se merquen en lingua galega ese día.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí