Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

XORNADA DE INCIDENCIAS NO BAIXO MIÑO POR MOR DO TEMPORAL

Caída de árbores, balsas de auga e inundacións foron as incidencias máis habituais

Na Comarca do Baixo Miño as caídas de polas e árbores, balsas de auga e inundacións foron as incidencias máis habituais

Fecha: 05 de Octubre de 2015

Fuente: Infomiño.com

A xornada deste luns estivo marcada pola inestabilidade atmosférica asociada a un centro de baixas presións que afectou a Galicia con fortes ventos e abundantes precipitacións que ocasionaron numerosas incidencias en toda a comunidade.

Na Comarca do Baixo Miño as caídas de polas e árbores, balsas de auga e inundacións foron as incidencias máis habituais, obrigando ós efectivos de emerxencias a estar en activo durante boa parte do día con numerosas intervencións e operativos.

Sobre a 1:00h tiña lugar a primeira intervención de relevancia a causa das choivas no término municipal de Oia, onde o barro e polas de árbores obstaculizaron unha parrilla de recollida de augas pluviais dando lugar a unha pequena inundación na Rúa Vista Alegre. Interviron GES de A Guarda e Guardia Civil.

Ó longo da xornada foron numerosas as incidencias por caídas de árbores, coma a do barrio de Sta. Rosa en Tomiño, que afectou a un cable do alumeado e cortou totalmente a estrada. Tamén na zona das Eiras, no Rosal onde efectivos do GEs de A Guarda retiraron unha árbore.

Balsas de auga e arquetas atascadas na estrada de circunvalación ó Monte Trega de A Guarda e na zona de salcidos e outra pequena inundación a zona de Chavella en Oia. No Rosal o ríoCarballas-Tamuxe desbordouse en varios puntos(Fornelos, Araujo, Urgal e As Aceñas) obrigando a cortar algúns dos pontes de pedra que cruzan o río.

Na estación de Castro Vicaludo de Oia chegaronse a acadar rexistros de ata 116km/h e precipitacións acumuladas de ata 41l/m2 , na estación do Monte Aloia en Tui rexistráronse refachos máximos de vento de ata 90km/h e precipitacións acumuladas de ata 46.5l/m2

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones