Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Xornada de portas abertas e mesa redonda este xoves en Tui para conmemorar os 60 anos do Cabo Fradera

O acto central será o venres coa entrega dun bandeirín por parte do concello

O acto central será o venres coa entrega dun bandeirín por parte do concello

Etiquetas del contenido

Fecha: 14 de Septiembre de 2023

Fuente: Concello de Tui

Unha xornada de portas abertas e unha mesa redonda abren mañá xoves en Tui os actos conmemorativos do 60 aniversario da presenza en Tui do patrulleiro Cabo Fradera.

Así mañá xoves de 16 a 19 h nas instalacións da Comandancia Naval do Miño, na Baixada ao Embarcadoiro, haberá unha xornada de portas abertas nas que se poderá visitar unha exposición de material da Armada. Amais poderase  subir a bordo do Cabo Fradera, para o que era preciso inscrición previa. A continuación, ás 20 h, no salón de actos da aula da UNED, na rúa Antero Rubín, celebrarase unha mesa redonda sobre este sesenta aniversario da chegada a Tui do PVI Cabo Fradera que se cumpriu o pasado domingo 10 de setembro. Participarán o CF Enrique García González, excomandante Naval do Miño, Rosendo Bugarín González, autor do libro “Tui y la Armada e José Joaquín García Rodríguez ‘Pepín Pernas’, medalla ao mérito naval. Será moderada por José A. Font Moldes, director da Radio Municipal de Tui. Os relatores achegarán as súas vivencias e experiencia sobre a presenza deste patrulleiro en Tui e como ao longo dos anos se conforma como un elemento representativo da nosa cidade.  A entrada será libre até  completar o aforo.

Mentres este venres, 15 de setembro, ás 11.30 h terá lugar o acto central desta conmemoración nas instalacións da Comandancia Naval. O Concello de Tui fará entrega dun bandeirín ao patrulleiro Cabo Fradera con motivo do sesenta aniversario da súa presenza en Tui e como recoñecemento da nosa cidade a ampla traxectoria deste patrulleiro e a súa permanente contribución á vida do noso municipio a longo destas décadas.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González, indica que o acto de entrega dun bandeirín co escudo do buque con motivo do sesenta aniversario da presenza en Tui do patrulleiro de vixilancia interior Cabo Fradera da Armada testemuña “o recoñecemento a súa traxectoria, actividade e implicación coa cidadanía tudense e do Baixo Miño”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí