Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Xornalistas internacionais participan nun Press Trip visitando a Cidade de Tui

A expedición complétase con persoas encargadas da realización de críticas musicais, produción, dirección de festivais e discográficas que están a coñecer Rías Baixas con motivo do festival SinSal, integrado nos #RíasBaixasFests

A expedición complétase con persoas encargadas da realización de críticas musicais, produción, dirección de festivais e discográficas que están a coñecer Rías Baixas con motivo do festival SinSal, integrado nos #RíasBaixasFests

Fecha: 21 de Julio de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, e o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, recibiron na mañá deste xoves ao grupo de xornalistas internacionais e persoas encargadas da realización de críticas musicais, produción, dirección de festivais e discográficas que están a participar nun press trip con motivo do Festival Sinsal Son Estrella Galicia, que terá lugar do 21 ao 23 de xullo na Illa de San Simón. Máis polo miúdo, están a participar nesta actuación promocional persoas vencelladas coa revista The Line of Best Fit, coas radios estadounidenses KEXP e WFMU, coas discográficas Atlantic Records UK e Partisan Records, cos festivais South by Southwest de Texas e Antigel de Suíza, así como o produtor estadounidense Chris Porter.

Ao longo da mañá, o grupo tivo a oportunidade de coñecer o casco histórico de Tui acompañados pola Presidenta da Deputación, Carmela Silva, e o alcalde do concello, Enrique Cabaleiro. Tamén aproveitaron a ocasión para reunirse coa organización do International Keyboard Festival & Masterclass (IKFEM) da Eurocidade Tui -Valença, que se inaugurará mañá, e escoitar un recital de piano no órgano da Catedral de Tui acompañados de Andrea González, directora de IKFEM, e dos pianistas Carlos César Rodríguez (colaborador de Plácido Domingo) e Daniel Pereira.

A expedición de xornalistas e personalidades relacionadas co mundo da música de España, Reino Unido, Estados Unidos e Suíza que está a coñecer Rías Baixas, coa colaboración da Deputación de Pontevedra, vén atraída pola calidade da programación e o concepto do festival SinSal que arranca mañá e conclúe o domingo na illa de San Simón.

Amais do percorrido polo casco histórico de Tui, ao longo desta xornada o grupo visitará a adega Altos de Toroña de Tomiño, un dos viñedos de maior extensión de Galicia, cuxos viños foron galardoados na International Wine Challenge de Londres 2014 como os mellores brancos de España. Na adega, o grupo será recibido por representantes do goberno municipal de Tomiño.

Xa para mañá, antes de asistir á apertura do festival SinSal, está previsto que o grupo de xornalistas e personalidades relacionadas co panorama musical internacional coñezan as Illas Cíes.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones