Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Xuño comeza no Rosal cunha axenda repleta de cultura e lecer para todos os públicos

Actividades literarias, música, exposicións e memoria histórica fusiónanse nun mes cheo de eventos

Actividades literarias, música, exposicións e memoria histórica fusiónanse nun mes cheo de eventos

Etiquetas del contenido

Fecha: 07 de Junio de 2023

Fuente: Concello do Rosal

O Concello do Rosal prepárase para un mes cheo de cultura, diversión e lecer cunha variada axenda de actividades de balde para todos os públicos. Dende eventos literarios e musicais ata exposicións e propostas relacionadas coa memoria histórica, o programa de xuño ofrece unha ampla gama de opcións para desfrutar no municipio.

Ao longo do mes levaranse a cabo -doce actividades dirixidas a diferentes públicos coas que o Concello busca promover a participación de toda a veciñanza e enriquecer a vida cultural do municipio, xa que este tipo de actividades fortalecen o tecido social e enriquecen a calidade de vida de rosaleiros e rosaleiras-, como explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

As actividades arrancaron este mesmo luns 5 cunha actividade para o alumnado do CPI Manuel Suárez Marquier, que puido desfrutar de -O mel non caduca-, de Ibuprofeno Teatro. Unha obra na que a rapazada sorprenderase coa actividade de dous científicos e apicultores que no ano 2173 levan a cabo sofisticados e absurdos experimentos nun contexto de futuro distópico no que o planeta está arrasado.

Tamén ao longo desta semana o Concello acollerá varias actividades do proxecto -O pasado por vir-, unha iniciativa da Deputación de Pontevedra que chega ao Rosal cunha semana chea presentacións de libros, exposicións e proxeccións audiovisuais. As actividades comezaron este luns 5 ás 20.30 h no salón de exposicións do Concello coa presentación do libro -Mulleres represaliadas no cárcere de Tui-, unha lembranza a todas as mulleres represaliadas da comarca. Contará cunha visita guiada á mostra do mesmo nome.

Por outra banda, do 5 ao 16 de xuño, o salón de exposición acollerá tamén -Acorda. Cartografía musical da memoria histórica de Pontevedra-, unha mostra con medio centenar de imaxes a modo de crónica da rodaxe do documental do mesmo nome co que se busca amosar lugares da memoria histórica e feitos relacionados coa represión franquista na provincia de Pontevedra co apoio das voces de artistas do panorama musical galego. A exposición estará aberta ao público de luns a sábado de 10.00 a 13.00 horas. Ademais, o xoves 8 de xuño ás 20.00 horas no auditorio municipal coa proxección do documental -Acorda- e a curtametraxe -Mariví, na pel da memoria-, unha peza que conta a historia de Mariví Villaverde.

O sábado 10 será unha xornada cargada de actividades no Rosal. Ás 12.00 h no Espazo do Mercado Marisa Castro presentará o seu libro -A saga das curandeiras-, unha obra cativadora que mergullará ao público nun mundo de misterio e tradición ancestral. Tras a presentación haberá sesión vermú coa música en directo de Tonichi&Pacheco ás 13.00 horas na Praza do Calvario. Xa pola tarde, ás 20.30 horas, o auditorio municipal acollerá o IX Concerto de Corais -Ecos de Verán-.

A actividade cultural continuará o luns 12 no auditorio municipal ás 10.00 h co contacontos sobre Francisco Fernández del Riego para alumnado a cargo de Polo Correo do Vento e o venres 16 coa actuación de Violencia Zero con Nerea Brey e Miriam Rodríguez ás 20.00 h na Liga de Amigos.

O domingo 18 será a quenda da Festa das Asociacións, que reunirá no parque de Pías á veciñanza para gozar de xogos populares, música e actividades variadas ao longo de toda a xornada. O sábado 24 de xuño o auditorio municipal acollerá un concerto de rock a cargo de San Xerome Emiliani ás 20.00 horas e o mércores 28, coincidindo co Día Internacional do Orgullo LGTB, a Praza do Calvario será o escenario dun scaperoom e dun concerto con Terapia de Grupo.

O Rosal pechará xuño o día 30 cunha demostración de teatro a cargo do alumnado da Escola Municipal de Teatro no auditorio municipal ás 21.00 horas. A alcaldesa convida a todos os rosaleiros e rosaleiras a unirse a esta vibrante programación e gozar dun mes repleto de cultura, música e diversión.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí