Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ENTRETEMENTO E APRENDIZAXE: AS CLAVES DA ESCOLLA DOS XOGUETES NO NADAL

A fin dun xoguete é a de entreter, pero é mellor entreter e aprender ao mesmo tempo.

As mascotas son a miúdo un dos desexos que os e as máis pequenas da casa recollen nas cartas ás súas Maxestades de Oriente, pero é importante lembrar que non son un xoguete.

Fecha: 18 de Diciembre de 2015

Fuente: Colexio Oficial de Psicoloxía

Coa chegada destas datas, son moitos os catálogos que chegan aos fogares repletos de xoguetes e xorde a dúbida de cal é a mellor escolla para os agasallos dos e das máis pequenas da casa. Desde a Sección de Psicoloxía Educativa do Colexio Oficial de Psicoloxía sinalan dous factores a ter en conta para dar cumprimento á encomenda dos Reis Magos: o entretemento e a aprendizaxe.

A fin dun xoguete é a de entreter, pero é mellor entreter e aprender ao mesmo tempo. Un documento de referencia é a Guía do Xoguete que elabora o Instituto Tecnológico de Producto Infantil y Ocio, unha entidade sin ánimo de lucro. Nela clasifícanse os xoguetes segundo a franxa de idade á que van dirixidos, distinguindo catro categorías: xogos de exercicios (repiten unha e outra vez unha acción, como pelotas ou bicicletas), xogos simbólicos (dan pé a imitar os roles das persoas da súa contorna, como bonecos, talleres, cociñas, etc.), xogos de pezas para montar e xogos de regras (xadrez, parchís, etc.). Esta guía recomenda unha serie de xoguetes que foron estudados e que son de alta calidade segundo unha análise psicopedagóxica e de utilización, avaliando cuestións como a súa manexabilidade, os seus valores diferenciais ou as achegas psicopedagóxicas. Contén tamén valoración sobre a posibilidade de uso para nenos ou nenas con necesidades específicas, como algunha discapacidade.

Nestas idades comezan a asentarse os roles de xénero, co que é recomendable que os xoguetes simbólicos representen un xogo libre e imaxinativo, fóra dos roles tradicionais asociados a homes ou a mulleres. Se a sociedade está a cambiar, os xoguetes tamén teñen que facelo e evitar que se continúen a perpetuar estereotipos en canto a xoguetes de nenos ou de nenas, ou a promover diferentes modelos de familias, máis alá da tradicional, por exemplo.

Nos últimos anos medraron exponencialmente os xoguetes de electrónica para todas as idades, especialmente as tabletas, que se converteron nas raíñas das cartas do Nadal. As novas tecnoloxías non teñen por que resultar negativas, pero requirirán sempre da presenza dun adulto que asegure un bo uso por parte do cativo ou cativa. En todo caso, nunca debemos esquecer que o mellor agasallo para un neno ou nena é o tempo que lle dediquemos cando estamos a xogar con el ou ela.

Así pois, á hora de escoller un xoguete para o neno ou nena, cómpre ter en conta a idade do neno ou nena e as súas características, para asegurar unha acertada elección do agasallo. Tamén son aspectos importantes a ter en conta as tendas solidarias, nas que podemos atopar o noso regalo contribuíndo á mellora da calidade de vida de colectivos en situacións precarias.

As mascotas son a miúdo un dos desexos que os e as máis pequenas da casa recollen nas cartas ás súas Maxestades de Oriente, pero é importante lembrar que non son un xoguete. É máis interesante lembrar nos animais abandonados que están nos refuxios, desexando atopar un fogar.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí