Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

-Degusta Europa- chega esta semana á Guarda con propostas elaboradas polo centro Manuel Antonio de Vigo

O programa da Deputación pon en valor a nosa enogastronomía e a excelencia dos centros de formación da provincia, así como potenciar os mercados de proximidade

As persoas que se acheguen poderán degustar elaboracións como a lambetada de paté de mexillón da ría, cristais de alga e pau de colín ou filetiños afumados de rincha de Beluso

Fecha: 09 de Abril de 2019

Fuente: Deputación de Pontevedra

O programa Degusta Europa, impulsado pola Deputación de Pontevedra, chegará esta semana ata os mercados de abastos de Baiona -mércores 10-, da Guarda -xoves 11- e Vigo -Mercado do Progreso o venres 12- con propostas culinarias elaboradas polo alumnado do Centro Manuel Antonio de Vigo. Trátase dunha iniciativa programada e anual, que este ano xira en torno á campaña "Fame de Experiencias" centrada na enogastronomía, polo que se resaltan especialmente os produtos do mar e da terra da provincia, así como os viños e caldos das Rías Baixas. Ademais, todos as propostas culinarias teñen en conta pratos europeos, xa que a iniciativa faise, coma todos os anos, con motivo do Día de Europa.

O alumnado do Centro Manuel Antonio vai preparar en Baiona, A Guarda e Vigo os seguintes menús: lambetada de paté de mexillón da nosa ría, cristais de alga e pau de colín; petisco de galleta mariñeira, filetiños afumados de rincha de Beluso, brotes da nosa horta e virutas de cítricos; pipiritapa de laconciño, crocante de pan de castañas con prebe de mar e montaña; boliche crocante de millo recheo de chopiño de potera da Guarda; almofada de leituga baby con roxóns e requeixo das Neves; chiquito morno de pote galego ao estilo da miña avoa; melindres do noso Condado-Paradanta; empanada enreixada de cabelo de anxo e mazá; roscón de xema; e torta Rías Baixas.

Degusta Europa xa pasou polos mercados do Grove, Bueu e Pontevedra, con menús elaborados por outro dos centros máis prestixiosos da provincia, como é o Centro Carlos Oroza de Pontevedra. O obxectivo do programa é poñer en valor a enogastronomía e a calidade dos produtos das Rías Baixas, así como a excelencia destes centros de formación da provincia, que xa son todo un referente. Ademais, Degusta Europa tamén pretende impulsar e potenciar os mercados de proximidade da provincia, dándolles novos contidos e favorecendo o contacto directo entre praceiras e praceiros e público en xeral.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones