Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

32m2, a traxicomedia de ButacaZero sobre o confinamento, despídese dos escenarios o domingo 20 en Tomiño

o vindeiro domingo 20, a partir das 18.00 horas no Auditorio de Goián

A compañía propón unha obra de teatro absurdo que parte da propia experiencia durante o encerro da pasada primavera. Será ás 18.00 horas no Auditorio de Goián

Etiquetas del contenido

Fecha: 19 de Junio de 2021

Fuente: Concello de Tomiño

A xira de 32m2 chega ao seu fin. A última creación teatral de ButacaZero, a compañía creativa dirixida por Esther F. Carrodeguas e Xavier Castiñeira, celebrará o vindeiro domingo 20, a partir das 18.00 horas, a súa derradeira función, no Auditorio de Goián.

A compañía, dirixida por Xavier Castiñeira e Esther F. Carrodeguas, propón unha obra de teatro absurdo que parte da propia experiencia do tándem artístico durante o encerro da primavera do pasado ano.

A peza, candidata pola súa escenografía aos Premios Max, representarase por derradeira ocasión en Tomiño. A función, que coincide coa celebración do fin do primeiro Estado de Alarma decretado en marzo de 2020, supón o peche da Xira confinada, a serie de actuacións coas que 32m2 percorreu 21 localidades galegas durante esta primavera.

O espectáculo, que conta cunha escenografía xiratoria asinada por Beatriz de Vega -pola que 32m2 é candidata aos Premios Max de Teatro 2020/2021-, e cunha banda sonora orixinal creada polo músico Rodrigo Cuevas, naceu coa vontade de ofrecer unha ollada reflexiva e “sandadora” sobre o confinamento.

32m2 presenta a Mar e a Xan (interpretados por Nuria Gullón e Xurxo Cortázar), unha parella que se considera antisistema e que habita nun pequeno ático de 32 metros cadrados con total tranquilidade, nun mundo que non deixa de xirar cando, de súpeto, a presenza dun virus fai que a vida pare e confinen a toda a poboación.

As entradas son limitadas por razón de aforo e de seguridade e pódense reservar a través de cultura@tomino.gal ou no teléfono 986 622 001.

A compañía
ButacaZero é a plataforma creativa posta en marcha por Esther F. Carrodeguas e Xavier Castiñeira.   A investigación e a reflexión dende un ollar crítico e irónico son as claves que definen as súas propostas que se concretan en dramaturxias feitas á medida, nas que a tradición teatral se mestura coas posibilidades que ofrece o audiovisual en escena.

Con 32m2, o tándem aséntase como referente do teatro contemporáneo no panorama escénico galego pola súa capacidade á hora de dialogar co mundo actual. A estrea da peza acompañouse, á vez, da publicación en papel do libro homónimo, que tamén asina a dramaturga Esther Carrodeguas. O texto, publicado por Edicións Positivas, pódese adquirir tanto a través da páxina web https://edicionspositivas.com/producto/32m2/ coma nas diferentes librarías coas que traballa habitualmente a editorial.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí