Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A ALCALDESA DE TOMIÑO, SANDRA GONZÁLEZ ÁLVAREZ, REPITE COMA CANDIDATA DO BNG LOCAL ÁS ELECCIÓNS MUNICIPAIS

A rexedora conta coa experiencia dos últimos oito anos de goberno e salienta especialmente o apoio do seu equipo

A rexedora conta coa experiencia dos últimos oito anos de goberno e salienta especialmente o apoio do seu equipo

Fecha: 06 de Febrero de 2015

Fuente: BNG - Tomiño

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González Álvarez, presentarase novamente como candidata ás próximas eleccións municipais do mes de maio polo Bloque Nacionalista Galego, despois de que recibira o apoio de afiliados e simpatizantes, durante a asemblea aberta celebrada onte ás oito e media da tarde en Tomiño.

Trátase da terceira vez que a actual rexedora concorre ás eleccións liderando a lista nacionalista de Tomiño, ostentando a alcaldía do municipio nas dúas últimas lexislaturas, con maioría absoluta dende 2011.

A alcaldesa asegura presentarse coma candidata ao que sería o seu terceiro mandato con "ilusión por ter un proxecto serio para transformar Tomiño e contar cun equipo sólido e competente que me apoia de forma permanente". Con respecto a este punto, a lista definitiva está aínda a formarse, coma é natural; porén, a alcaldesa adianta que contará con persoas de moita confianza que están gobernando xunto a ela, pero tamén con outras novas, coas que se está a manter conversacións.

Durante os oito anos que a alcaldesa leva gobernando Tomiño, iniciouse un proceso de transformación que resulta evidente e que non ten marcha atrás", en palabras da rexedora. Nesta liña, atópase a creación da Praza da Mina no e a humanización de todo o casco urbano, coa apertura dunha nova rúa e 500 novas prazas de aparcamento e a reforma e urbanización da Praza do Seixo.
O avance na extensión da rede de saneamento e obras coma a recente reforma do Mercado Municipal, reconvertido nun centro de comercio local, e a reforma do Auditorio de Goián para Escola de Música, son outros dos proxectos relevantes levados a cabo durante a última lexislatura.

No mencionado proceso de transformación do concello, é de salientar as melloras en servizos sociais e educación, coa construción dunha segunda escola infantil, en Goián, e o apoio decidido para a construción do Centro de Día (o único no seu tipo na comarca) e o Centro Vontade, para persoas con discapacidade.

Proxectos coma a creación da Senda do Miño, entre Goián e Eiras (O Rosal), ou a creación do Espazo Fortaleza son outras dúas apostas decididas pola mellora do medio ambiente, dotando á zona de novos servizos e incrementando, por conseguinte, o nivel de vida dos cidadáns.

Paralelamente ás obras, a rexedora valora o traballo feito día a día de servizo ao cidadán, especialmente en temas de interese social, emprego, formación e apoio escolar.

Por último é de salientar os diferentes proxectos de cooperación transfronteiriza con Vila Nova de Cerveira e a xestión de fondos Leader que, coma presidenta do grupo AGDR18, leva realizando dende hai varios anos, e a través do cal, contribuíuse á creación dun número importante de empresas na zona.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones