Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

PROPOSTA PARA A CONFLUENCIA DE CONVERXENCIA 21 A ALTERNATIVA TUDENSE

Cómpre salientar que as eleccións municipais do vindeiro 24 de maio representan unha grande oportunidade para lograr que entre aire fresco no concello de Tui

Cómpre salientar que as eleccións municipais do vindeiro 24 de maio representan unha grande oportunidade para lograr que entre aire fresco no concello de Tui

Fecha: 30 de Marzo de 2015

Fuente: Converxencia 21

Desde Converxencia 21 de Tui temos o obxectivo de facer todo o posible para rematar con este longo e negativo período na política e na economía tudense causado, en grande medida, polos sucesivos gobernos do PP dirixidos por Antonio Rocha e Moisés Rodríguez que xa dura desde 1998 e que supuxeron o empobrecemento e acusado declive de Tui.

Cómpre salientar que as eleccións municipais do vindeiro 24 de maio representan unha grande oportunidade para lograr que entre aire fresco no concello de Tui e para iso debemos sumar para maximizar as posibilidades de cambio político, xa que existe, como consecuencia da crise económica e do nefasto desempeño dos gobernos do PP en Tui e España unha decisiva porción de votantes dispostos a votar en clave reformista e renovadora.

Para lograr ese obxectivo compre apostar por un pacto preelectoral co obxecto de minimizar o efecto dos restos na asignación de escanos en quen aspira a que se produza un cambio que é moi necesario no noso concello, queremos tamén felicitar ao señor Capón Rey por ter manifestado publica e expresamente a súa vontade de non encabezar a candidatura do seu partido. Un novo enfrontamento entre Rocha e Capón, sendo lexítimo, se así o deciden ambos e os seus respectivos partidos, representaría unha volta a 1998, e desde logo en C21 estamos convencidos de que Tui ten que mirar cara diante.

Somos conscientes das diferenzas entre un partido de perfil conservador como Alternativa Tudense, e un partido liberal e reformista como Converxencia 21, pero coidamos que é o momento no que Tui precisa da nosa xenerosidade e, de haber vontade, consideramos perfectamente viable pactar un programa e un equipo de goberno comúns para Tui tendo en conta que Alternativa Tudense representa, sen dúbida, a parte ben intencionada e formada do conservadorismo tudense e C21 a mellor representación do liberalismo tudense e galego.

Desde C21 lanzamos agora formal e publicamente a proposta, que xa foi
comunicada previamente en privado, para a posta en común de propostas programáticas e a integración, en calidade de independentes, de membros de Alternativa Tudense e afíns, nunha cantidade e posición negociables na lista que C21 presentará ás eleccións municipais de Tui do mes de maio.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones