Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Escola de Teatro e de Tenis de Tomiño abren as súas portas co novo ano

As persoas interesadas poden facer xa a súa inscrición a través da web do Concello

As persoas interesadas poden facer xa a súa inscrición a través da web do Concello

Etiquetas del contenido

Fecha: 24 de Diciembre de 2022

Fuente: Concello de Tomiño

O novo ano arrancará en Tomiño con dúas novas actividades coas que achegar á veciñanza ao mundo do deporte e da interpretación. A partir do vindeiro mes de xaneiro volven abrir as súas portas a Escola de Teatro e a Escola de Tenis, para as que as persoas interesadas poden facer xa a súa inscrición a través da páxina web do Concello.

A Escola de Teatro estreará curso co inicio do novo ano. No mes de xaneiro subirá o pano para que nenas e nenos, mocidade e persoas adultas poidan achegarse ao mundo teatral ao tempo que se estimulan as capacidades creativas, se fomenta o traballo en equipo ou se melloran os recursos comunicativos, entre outros aspectos. Ademais, combínanse a expresión dramática coa creación, co ensaio e coa posta en escena dunha obra.

Coa grupo de cativos e cativas de 4 a 8 anos xa pechado, a Escola de Teatro ten aberto o prazo de inscrición para o grupo de 9 a 12 anos, que darán clase os martes de 16.00 a 17.15 h, e para o grupo de máis de 13 anos, que terán os ensaios os martes de 19.15 a 20.30 horas. As clases serán no auditorio de Goián, durarán ata o vindeiro mes de xuño e terá un prezo mensual de 15 euros.

Pola súa banda, a Escola de Tenis abrirá as súas portas nas pista de tenis do Mosteiro a comezos do vindeiro mes. A actividade será impartida nestas pistas municipais por profesionais deste deporte que introducirán ás persoas interesadas no mundo do tenis. En caso de choiva as clases impartiranse nun espazo cuberto alternativo.

A Escola de Tenis estará aberta de xaneiro a xuño e de setembro a decembro, con clases os martes de 16.00 a 17.00 e de 18.00 a 19.00 horas e os sábdos de 10.00 a 11.00, de 11.00 a 12.00 e de 12.00 a 13.00 horas. O prezo será de 25 euros ao mes un día á semana e de 30 euros dous días semanais por alumno ou alumna. Xa poden inscribirse a través da web nenos e nenas a partir de 4 anos e persoas adultas sen límite de idade.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí