Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Escola Municipal de Teatro de Tomiño presenta a súa mostra de final de curso

O sábado ás 19.00h actuarán os grupos infantil e xuvenil coa obra -OS REIS CAÓTICOS-. O domingo á mesma hora, o grupo xuvenil representará -BOOCKCROSSING-

O sábado ás 19.00h actuarán os grupos infantil e xuvenil coa obra -OS REIS CAÓTICOS-. O domingo á mesma hora, o grupo xuvenil representará -BOOCKCROSSING-

Etiquetas del contenido

Fecha: 11 de Junio de 2022

Fuente: Concello de Tomiño

Un ano máis, tras o parón provocado por mor da pandemia, a Escola Municipal de Teatro de Tomiño, presenta a súa mostra de final de curso. Será esta fin de semana no Auditorio Municipal de Goián.

O sábado ás 19.00h actuará o grupo infantil e o xuvenil coa obra “OS REIS CAÓTICOS”. O domingo ás 19.00h o grupo xuvenil representará “BOOCKCROSSING”. Ambos espectáculos con entrada de balde.

Dende hai varios anos a profesora Tamara Campos, do grupo Migallas Teatro, imparte as clases dos diferentes grupos de idade da Escola Municipal de Teatro de Tomiño, comezando nun primeiro momento Co grupo infantil e creándose logo o xuvenil. A vontade dende a Concellería de Cultura é retomar a oferta para crear un grupo de persoas adultas no vindeiro curso.

Escola Municipal de Teatro abrirá en setembro de 2022 o prazo de inscrición.  Agárdase poder contar con varios grupos de infantil, mocidade e adultos. Trátase dunha entidade xa consolidada con varios anos de funcionamento, que foi crecendo pouco a pouco para dar resposta á demanda da poboación e acabar converténdose en referente cultural na comarca do Baixo Miño. “O obxectivo desta actividade é introducir a todas as persoas interesadas, no mundo teatral, ao tempo que se estimula a imaxinación e as capacidades creativas, fomentando o traballo en equipo e mellorando os recursos expresivos e comunicativos”, explica a concelleira de Cultura, Patrimonio e Normalización Lingüística, Ana Isabel Fernández Carrera.

As aulas son eminentemente prácticas onde se traballan aspectos básicos da creación escénica, como expresión dramática, improvisación, expresión oral, movemento expresivo, ritmo ou creación de personaxe, técnicas que se aplicarán nas pezas teatrais que o alumnado representa a final de curso.

Os grupos contan con prazas limitadas e o prezo da actividade é de 15 euros ao mes, aínda que existen descontos no caso de asistir varios membros dunha mesma familia a calquera dos grupos.

Para máis información e inscricións as persoas interesadas poden consultar a páxina web do Concello (www.tomino.gal) onde se habilitará o formulario de inscrición, ou ben, chamar ao número de teléfono 986 622 001.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí