Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

A Guarda dedica unha fin de semana gastronómica á exaltación da lamprea do Miño

Os días 14 e 15 de abril, máis dunha decena de restaurantes locais prepararán este peixe preparado á bordalesa para a súa degustación, previa reserva.

Os días 14 e 15 de abril, máis dunha decena de restaurantes locais prepararán este peixe preparado á bordalesa para a súa degustación, previa reserva.

Fecha: 14 de Abril de 2018

Fuente: Concello de A Guarda

O Concello da Guarda, en colaboración con viveiristas e establecementos hostaleiros da vila, organiza a fin de semana gastronómica «Lamprea do Miño», que se celebrará os días 14 e 15 de abril en 11 bares e restaurantes co obxectivo de potenciar A Guarda como destino gastronómico da lamprea.

Durante estas xornadas, as veciñas e veciños da nosa vila e a súa contorna poderán degustar a lamprea na súa preparación máis tradicional, á bordalesa, a un prezo único por ración de 18€. A lamprea enteira terá un prezo de 50€.

Os establecementos adheridos a esta campaña son os restaurantes Area Grande, Arruaz, Brétema, Camping Santa Tecla, Bar Casa Aquilino, La Pìzzicata, Marbella, Marusía, O Cangrexal, Os Remos e O Roxo. Dada a larga elaboración que precisa este manxar, aconséllase reservar o prato previamente nos restaurantes.

Exaltación da lamprea
Tras catro anos consecutivos celebrando a «Ruta do pincho da lamprea do Miño», organizada por viveiristas, pescadores, bares e restaurantes locais en colaboración co Concello, esta nova iniciativa gastronómica nace da vontade conxunta de impulsar a gastronomía local e a súa riqueza, centrando os esforzos na exaltación dun dos manxares máis descoñecidos do noso río e indo máis aló dos pequenos petiscos. Así, nesta ocasión convídase á familias e grupos de amigos a visitar o noso pobo e degustar unha preparación da lamprea óptima para o xantar ou a cea da fin de semana.

Dentro desta mesma campaña, o alumnado de 6º de primaria dos centros de ensino da Guarda participarán na xornada didáctica «Coñecedes a lamprea?», unha iniciativa que xa se realizou o pasado ano como complemento á «Ruta do pincho». Dada a boa acollida da proposta, os cativos e cativas repetirán a experiencia, na que poderán achegarse ás técnicas de pesca da lamprea no río Miño, agora en temporada.

Esta xornada componse de dúas partes: unha primeira actividade didáctica que se realizará na Casa dos Alonso, onde as nenas e nenos poderán coñecer máis polo miúdo a lamprea a partir dunha reportaxe audiovisual sobre a pesca desta na desembocadura do Miño. Contarán, ademais, co testemuño de pescadores, que explicarán a súa profesión aos cativos e cativas mediante os aparellos de pesca que empregan e anécdotas do seu oficio.

Deseguido, o alumnado poderá elaborar na aula uns debuxos coa temática «Desembocadura do Miño e a lamprea». Os traballos exporanse nos restaurantes e cafetarías adheridas á campaña durante a fin de semana gastronómica.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí