Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

A Guarda é o municipio do Baixo Miño que máis recicla

No caso do Baixo Miño, depositáronse nos contedores verdes case 884 toneladas de vidro

No caso do Baixo Miño, depositáronse nos contedores verdes case 884 toneladas de vidro

Fecha: 29 de Marzo de 2017

Fuente: Xunta - Del. Territorial Ponte

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, mantivo esta mañá unha reunión co xerente de zona Galicia-Asturias de Ecovidrio, Germán Fernández, co obxectivo de analizar o volume de reciclaxe nas comarcas da provincia de Pontevedra ao longo de 2016. No caso do Baixo Miño, depositáronse nos contedores verdes case 884 toneladas de vidro, o que supón unha media de 17,9 quilos por habitante nesta comarca.

Na reunión estiveron acompañados do xefe territorial de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio en Pontevedra, José Manuel González.

O delegado territorial salientou o esforzo que está a realizar o conxunto da sociedade pontevedresa neste senso, e destacou que os concellos da provincia depositaron 13.774 toneladas de vidro nos contedores verdes, o que significa unha media de 14,6 kg/hab.

A nivel galego, foron 41.253 as toneladas de residuos de envases de vidro recicladasa través do depósito nos iglús verdes ao longo de 2016, o que supón un incremento dun 3,5% con respecto ao ano 2015. 

Baixo Miño

17,9 kg/hab

A Guarda

21,4 Kg/hab

 

O Rosal

20,1 Kg/hab

 

Oia

19,7 Kg/hab

 

Tomiño

16,1 Kg/hab

 

Tui

12,5 Kg/hab

 

Media nacional

16,2 Kg/hab

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra e o xerente de zona de Ecoembes coincidiron en que unha das razóns do mantemento no Baixo Miño do volume de reciclaxe (en 2015 a media foi de 18,2 kg/hab) débese á concienciación cidadá sobre os beneficios que reporta ao medio ambiente o feito de reciclar este tipo de residuos, dándolles unha segunda vida. Para favorecer a colaboración cidadá, o parque de contedores nesta comarca é de 359; o que sitúa a ratio de contenerización nun contedor por cada 139 habitantes, un dato superior á media nacional (1/220 hab).

Cómpre lembrar que na actualidade, todos os concellos de Galicia están adheridos ao Convenio marco asinado entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e Ecovidrio no ano 2013.

Evolución dos últimos anos

Tendo en conta os datos de 2016, conclúese que a provincia de Pontevedra, ao igual que o resto de provincias galegas, teñen mellorado os seus datos relativos á recollida deste tipo de residuos, comparados coas cifras rexistradas en 2015.

Estas cifras indican que Galicia avanza na boa senda para cumprir o reto de reciclar un 60% do vidro en 2020, pois na actualidade a valorización deste material sitúase no 54%. Cómpre destacar que a reciclaxe de vidro aumentou en sete puntos no período 2011-2015, pasando do 47% ao 54%, o que a sitúa como a fracción de residuos que máis medrou nestes anos, en comparación co resto de fraccións de recollida selectiva.

Outro aspecto importante a destacar é a calidade da recollida selectiva, que presenta uns bos resultados. Esta fracción presenta baixos niveis de porcentaxe de impropios, os cales, desde 2011, mantivéronse estables ao redor do 5,75 - 5,82%. Esta é a segunda fracción coa porcentaxe de impropios máis baixa, só superada polos resultados acadados pola fracción de papel-cartón (1,82%).

Segundo recordou Cores Tourís, a reciclaxe de vidro é un elemento clave na loita polo cambio climático. Grazas ao vidro depositado nos colectores verdes, os galegos lograron:

- Minimizar a emisión de 27.000 toneladas de CO2, o que equivale a retirar 6.700 coches da estrada durante un ano.

- Evitar a extracción de 49.500 toneladas de materias primas, o que representa cinco veces o peso da torre Eiffel.

- Aforro de 91.600 MWh de enerxía.

Estes resultados son unha gran noticia para a sociedade galega, que consolida un hábito sustentable e responsable e, por encima de todo, para o medio ambiente e a loita contra o cambio climático. As cifras demostran a eficacia do modelo colector e a súa vixencia e potencial tras case 20 anos de vida na comunidade.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí