Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Xunta salienta en Tui a atención integral contra a violencia de xénero con recursos operativos as 24 horas do día e os 365 días do ano

Destacou as axudas económicas para garantir ás mulleres vítimas unhas condicións suficientes de independencia económica respecto do agresor das que se beneficiaron en 2020 case 1.000 vítimas

Destacou as axudas económicas para garantir ás mulleres vítimas unhas condicións suficientes de independencia económica respecto do agresor das que se beneficiaron en 2020 case 1.000 vítimas

Etiquetas del contenido

Fecha: 27 de Septiembre de 2021

Fuente: Xunta de Galicia

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, interveu hoxe en Tui no segundo congreso organizado pola Federación pola Igualdade das Mulleres da Provincia de Pontevedra (Femupo), que se centrou nos protocolos de atención ás vítimas de violencia de xénero. Os diferentes poñentes presentaron e avaliaron os recursos da Administración na loita contra a violencia machista e os procedementos de denuncia que existen na actualidade.

López Abella expuxo os recursos dos que dispón a Xunta para facer fronte a esta lacra social como son os destinados á información e atención integral Neste ámbito, a Administración autonómica dispón de atención telefónica a través do número 900 400 273, operativo as 24 horas do día e os 365 días do ano; a Rede galega de información ás mulleres: os centros de información ás mulleres (CIMs); o centro de recuperación integral para mulleres que sofren violencia de xénero (CRI); un servizo de teletradución; asesoramento xurídico online (a través da páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade) e diversas aplicacións para teléfonos móbiles, como EscApp ou Agresión Off.

A Xunta, así mesmo, conta con diversos recursos de apoio e atención psicolóxica, recursos de apoio social e de aloxamento e de apoio á contratación, así como mecanismos de protección e seguridade, no ámbito xudicial e recursos para mulleres vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual.

 

En canto as axudas económicas, a secretaria xeral da Igualdade puxo en valor os apoios para garantir ás mulleres vítimas unhas condicións suficientes de independencia económica respecto do agresor para que conten con ferramentas para dar o primeiro paso de ruptura e acompañalas para rachar coa violencia. No ano 2020 concedéronse axudas a case 1.000 vítimas. A Consellería de Emprego e Igualdade dispón de catro apoios fundamentais: axudas periódicas nas que Galicia é a primeira comunidade autonóma en dispoñer dunha axuda económica mensual e a única que a ten ininterrompida todo o ano; e os  apoios de pago único que teñen por obxecto apoiar ás mulleres con especiais dificultades para a busca de emprego.

 

Así mesmo, a Xunta garante a percepción das indemnizacións cando correspondan por sentenza ás mulleres en situación de violencia sexista e conta con axudas a mulleres feridas de gravidade e orfas/orfos.

 

Protocolos e guías

Por último, López Abella enumerou os diferentes protocolos cos que conta a Administración autonómica para loitar contra a violencia de xénero como son o de acceso á Rede Galega de Acollemento para mulleres que sofren violencia de xénero; de coordinación e cooperación institucional fronte á violencia de xénero; o protocolo común para a actuación sanitaria ante a violencia de xénero; o de colaboración entre a Secretaría Xeral da Igualdade e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP); o protocolo de derivación entre as comunidades autónomas para a coordinación das súas redes de centros de acollida para mulleres vítimas de violencia de xénero e dos seus fillos e fillas; e o de actuación institucional sobre a adopción de medidas de prevención, investigación e tratamento ás vítimas de trata con fins de explotación sexual de xénero.

 

Así mesmo, están a disposición da cidadanía as guías de actuación coordinada contra o maltrato de persoas maiores ou con discapacidade; a de actuación ante casos de violencia de xénero no ámbito educativo, así como os Puntos de Coordinación de Ordes de Protección (PCOP).

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí