Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Alfonso Ferreira esperta o amor polo Camiño de Santiago entre a cativada no -Outono de libros- de Tomiño

Alfonso Ferreira estará este venres 13 no mercado municipal de Tomiño coa súa última creación, -Ruliña no Camiño-. Ás 20.00 horas, de balde

Alfonso Ferreira estará este venres 13 no mercado municipal de Tomiño coa súa última creación, -Ruliña no Camiño-. Ás 20.00 horas, de balde

Etiquetas del contenido

Fecha: 13 de Octubre de 2023

Fuente: Concello de Tomiño

O ‘Outono de libros’ desembarca de novo esta semana en Tomiño cunha nova proposta para todos os públicos. O Camiño de Santiago será o gran protagonista nesta segunda sesión o venres 13 de outubro, na que o escritor porriñés Alfonso Ferreira Ramilo presentará a súa última creación ‘Ruliña no Camiño’, unha historia chea de aventuras coa que espertar especialmente entre a rapazada o amor pola ruta Xacobea.

Como explica o autor, ‘Ruliña no Camiño’ é froito da pandemia e do confinamento, durante o que lle xurdiron moitas ideas e sentimentos que plasmou nesta nova obra que achega a cativos e cativas ao Camiño de Santiago dun xeito distinto, recollendo lugares senlleiros e reflectindo o seu amor pola natureza e a súa vida como peregrino.

O libro recolle a historia de Ruliña, que acompaña á súa nai e ao seu pai a facer o Camiño de Santiago. O que ía ser unha ruta máis, secada aburrido para a protagonista, ao pouco de comezar tornouse nalgo marabilloso e divertido no que descubriu un Camiño cheo de aventuras, beleza, maxia... un camiño tamén pensado para os máis pequenos e pequenas da casa.

O Concello de Tomiño puxo en marcha por segundo ano consecutivo o ‘Outono de libros’, unha iniciativa a través da que durante todo o mes de outubro se presentarán ao público títulos literarios da man dos seus autores e autoras, todos e todas escritores da comarca e con obras ambientadas no territorio.

A sesión deste venres 13, dirixida a todos os públicos, será de balde e celebrarase a partir das 20.00 horas no Mercado Municipal de Tomiño.  

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí