Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ÁNGEL BAZ SERÁ O CANDIDATO DO BNG Á ALCALDÍA DA GUARDA

Ángel Baz será a persoa que encabece a candidatura nacionalista.

Ángel Baz será a persoa que encabece a candidatura nacionalista.

Fecha: 06 de Febrero de 2015

Fuente: BNG - A Guarda

O Bloque Nacionalista ten xa definido o primeiro tramo da súa candidatura para as vindeiras eleccións municipais na Guarda. Ángel Baz será a persoa que encabece a candidatura nacionalista.

 

O BNG incorpora neste primeiro tramo dúas persoas independentes froito do proceso de Asembleas Abertas desenvolvido nos últimos meses co obxecto de escoitar e integrar á cidadanía que pide unha participación directa na vida política e en particular nas propostas do seu concello.

 

Ángel Baz, hosteleiro da Guarda cunha longa traxectoria no mundo asociativo guardés, é un reflexo deste proceso, encabezando a candidatura "BNG-Asemblea Abertas" como independente.

 

"Mentres en todos os recunchos do país se escoitaba falar da necesidade de abrir a política ao pobo, de participación e renovación, o BNG púxose realmente a facelo abrindo as súas portas para que xente coma vós e coma min nos poñamos a construír ese novo concello no que vivir e traballar." Con estas palabras se dirixiu o novo candidato á alcaldía á Asemblea aberta que o BNG celebrou esta semana na Guarda.

 

Ángel Baz é ben coñecido na Guarda pola súa implicación na dinamización do comercio local e a súa colaboración en diversas asociacións culturais, deportivas e musicais.

 

O actual Portavoz Municipal do BNG, Xan Lois Lomba, será a persoa que ocupe o número dous na candidatura. Xan Lois, cunha ben coñecida traxectoria como concelleiro na Guarda aportará a súa experiencia no traballo institucional á candidatura. "É un orgullo formar parte desta lista, na que presentamos un gran candidato, e á que teño o firme propósito de aportar todo o que estea na miña man para ver a Ángel como Alcalde da Guarda" declarou.

 

Os seguintes postos na lista estarán ocupados por Mercedes Martínez (Merchi) de Camposancos, mestra e actual Responsábel Local do BNG na Guarda; Benito Alonso (Mansa), mariñeiro retirado e actual portavoz da Plataforma de Emigrantes Retornados; e Beatriz Lomba, outra das persoas que se incorporan como independentes nesta candidatura BNG-Asembleas Abertas, adicada ao sector comercial cun negocio na Guarda.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones